Portada Novas Unha Lei de cambio climático regulará as emisións no Reino Unido
Unha Lei de cambio climático regulará as emisións no Reino Unido
Escrito por Cristina Gómez   
Martes, 28 Outubro 2008 17:18

O anuncio do goberno británico supón unha gran vitoria para a mobilización cidadá e para o grupo de Amigos da Terra en Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte. Reino Unido poderá ser o primeiro país do mundo en facer obrigatorias as reducións de emisións de gases de efecto invernadoiro nun 80% ata 2050. A futura lei de cambio climático, que establece un obxectivo de redución anual, comeza a debaterse no Parlamento británico esta tarde.

Logo de tres anos e medio de campaña, e grazas ao apoio de centos de miles de persoas, o Secretario de Estado de Cambio Climático e Enerxía do Goberno Británico anunciou que a lei cubrirá as emisións de todos os sectores, incluíndo a aviación e o transporte marítimo.

É un paso decidido despois de que o pasado 16 de outubro o goberno decidise que o obxectivo de redución de emisións para 2050 pasase do 60% ao 80%. Unha gran maioría de parlamentarios apoiaron que a lei de cambio climático sexa aínda máis forte e espérase que dean o seu apoio á votación de emendas que ten lugar hoxe.

A proposta lexislativa, que adquirirá rango de lei o próximo mes de novembro, pon ao Reino Unido na primeira posición a nivel mundial obrigándose a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A campaña The Big Ask, de Amigos da Terra en Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte comezou fai tres anos, e conseguiu que máis de 200.000 persoas contacten cos seus representantes políticos en apoio a unha lei de cambio climático.

A campaña contou coa participación de personaxes públicos, como o líder de Radiohead, Thom Yorke que tamén celebrou o anuncio do goberno:

"Fai 3 anos, cando colaborei con Amigos da Terra no lanzamento da campaña, aínda había controversias con persoas que negaban o cambio climático. Agora o Reino Unido terá a primeira lexislación mundial que lle faga fronte. É un paso de xigante na dirección correcta, porque agora podemos actuar conxuntamente en porlle unha solución. Son unha das centos de miles de persoas que pediron unha lexislación ao goberno".

Agora espérase que outros gobernos europeos actúen con lexislacións similares. Para iso a campaña foi lanzada en 16 países europeos e en Xapón para pedir a cidadáns e cidadás que contacten cos seus gobernos e esixan unha lei de cambio climático. [1]

As últimas predicións científicas revelan que os países industrializados deben reducir as súas emisións polo menos un 80% antes de 2050 se queremos evitar os efectos devastadores do cambio climático. Ademais é necesario que aseguren axuda suficiente aos países máis pobre e vulnerables.


[1] A campaña europea The Big Ask ten por obxectivo conseguir que a Unión Europea e os países membros comprométanse a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 30% en 2020 e un 90% en 2050. En España a campá teñen o nome de S.O.S. Clima e foi lanzada por Amigos da Terra o pasado mes de febreiro. Máis información sobre a campaña en www.sosclima.org

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.