Portada NOVAS Amigos da Terra estatal pide un acordo post-Kioto baseado na xustiza climática
Amigos da Terra estatal pide un acordo post-Kioto baseado na xustiza climática
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 09 Xuño 2009 16:36
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
 "A acción internacional fronte ao cambio climático debe estar coordinada, pero esperar a que outros países actúen primeiro é unha estratexia equivocada"
 
Centos de globos negros serviron hoxe en Madrid para ter unha imaxe visual da gran diferenza de emisións de dióxido de carbono, CO2, per cápita que existe a día de hoxe entre países. Desde fai 150 anos os países industrializados liberaron á atmosfera o 80% das emisións de CO2.

Entre os principais emisores destacan, como non pode ser doutro xeito, os Estados Unidos co 29% das emisións. Séguelle a Unión Europea, UE-27, co 27% da responsabilidade total e preto de 590 millóns de toneladas emitidas por persoa desde 1850, o que supón un volume de emisións sete veces superior á media mundial.

Evitar os peores efectos do cambio climático depende de que o aumento da temperatura media da superficie terrestre quede por baixo de 2º C. Ata hoxe aumentou 0,74º C, e debido a que os gases de efecto invernadoiro permanecen décadas na atmosfera a temperatura subirá polo menos 0,5º C máis. A modo de exemplo, un aumento de 2º C na temperatura media do planeta provocaría un ascenso do nivel do mar de entre 0,4 e 1,2 metros tan só pola expansión térmica da auga.

Para non superar a barreira dos 2ºC debemos reducir as emisións globais un 85% antes de 2050, empezando desde xa porque o que realmente conta é a concentración final de gases de efecto invernadoiro. No futuro acordo internacional que substitúa ao protocolo de Kioto , en Copenhague o próximo mes de decembro, a repartición dos esforzos para reducir as emisións deberá estar baseado na contribución histórica de cada país ao cambio climático e na súa capacidade para mitigar as causas dos impactos e adaptarse aos efectos, é necesario un acordo “climáticamente xusto”.

Cada país debe contribuír para que en 2050 cada persoa no mundo poida emitir de forma equitativa e dentro dos límites ecolóxicos que permite a Terra, 2 toneladas de CO2 per cápita ao ano.
 
 

 
Con emisións per cápita de case o dobre da media mundial, España atópase entre os 20 países do mundo que máis contribuíron ao cambio climático. Ademais, España é o cuarto emisor da UE e o máis afastado dos obxectivos de Kioto. Cumprir con Kioto suporá o gasto de miles de millóns de euros en créditos de carbono, que fose mellor investilos na redución de emisións e na xeración de emprego en sectores de enerxías renovables.

O cambio climático pode ser entendido como unha oportunidade para transformar o noso sistema enerxético e estabilizar as concentracións de gases de efecto invernadoiro. A única transición segura a longo prazo, ata o ano 2050, será aquela que faga reducir as emisións ano a ano, e conte co apoio de cada goberno en cada lexislatura. Unha lei do clima [1] con obxectivos anuais de redución de emisións sería o primeiro gran paso para afrontar o reto. Non hai que esquecer que somos a última xeración que pode facer fronte ao cambio climático.


Notas:

[1] A través da campaña “S.O.S. Clima” Amigos da Terra está pedindo ao goberno un compromiso para reducir por lei as emisións de gases de efecto invernadoiro un 3% cada ano.
 
 
 
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.