Portada Novas Concerto de Manolo García en Ourense
Concerto de Manolo García en Ourense
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 24 Xuño 2009 09:01
Mañá, día 25 terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, o segundo dos concertos que Manolo García tiña previsto dar na comunidade galega, e Amigos da Terra estará de novo presente para pedir aos asistentes que actúen fronte o cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S Clima.

A partir das 20.30 horas, estaremos informando á xente sobre a mesma e pedíndolles a súa implicación a través de mensaxes dirixidos ao presidente Zapatero.

Como xa vos comentamos o cantante e compositor catalán é membro honorífico de Amigos de la Tierra e sempre mostrou moita preocupación polo coidado do medio ambiente.

No concerto de Vigo da pasada semana, non conseguimos falar con el, pero a través do seu mánager démoslle unha camiseta de S.O.S Clima e escribimos un texto para que dixese unhas palabras durante o mesmo.
 



E así o fixo, se dirixiu a nós desde o escenario, falou do cambio climático, da pouca importancia que lle dan os medios e falou de Amigos da Terra e da Campaña S.O.S Clima.

A verdade é que o resultado foi moi bo, recollemos un motón de firmas, repartimos materiais e vendemos camisetas da campaña.
 

 
Esperamos que o concerto de Ourense sexa igual ou mellor!



Campaña S.O.S Clima

Amigos da Terra en España, puxo en marcha S.O.S Clima, co fin de esixir unha lei de redución de emisións de CO2. Con este obxectivo a curto prazo e un mecanismo de cumprimento adoitado, faremos efectiva a responsabilidade política para cos seus cidadáns.

O Clima está cambiando, é tempo de actuar!

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.