Portada Novas O “Manual de uso para una nave espacial” na II Mostra de Ciencia e Cinema de A Coruña
O “Manual de uso para una nave espacial” na II Mostra de Ciencia e Cinema de A Coruña
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 26 Outubro 2009 16:54
naveespacial

Amigos da Terra presenta no museo DOMUS de A Coruña e dentro da II Mostra de Ciencia e Cinema, o documental sobre o cambio climático “Manual de uso para una nave espacial”. A proxección do mesmo está prevista para mañá martes 27 ás 16h. e o debate posterior prolongarase ata as 19h da tarde.

 

O documental aborda o cambio climático dende a perspectiva máis cercana: non é necesario ver como se derriten os polos, é suficiente observar ao noso redor para entender en que consiste. Este é o obxectivo desta película producida por Amigos da Terra e elexida a concurso na II Mostra de Ciencia e Cinema de A Coruña.

 

Analizarase o modelo de consumo actual fronte á posibilidade dun modelo alternativo e real: o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.



A entrada é gratuíta e a túa participación é importante!

 

Achégate e participa: Rúa Santa Teresa 1. A Coruña

 

Podes ver o trailer do documental pinchando aquí

 

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.