Portada Novas Esta fin de semana “Vixilias polo clima” en todo o mundo...e en Ourense tamén!
Esta fin de semana “Vixilias polo clima” en todo o mundo...e en Ourense tamén!
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 11 Decembro 2009 16:36

fotocc

En medio das negociacións climáticas máis importantes do noso tempo, que están a ter lugar en Copenhague, organizaranse multitude de eventos en todo o mundo para pedir xustiza climática no que xa se coñece como "a fin de semana de acción climática". A mensaxe é clara: ”O Mundo quere un Acordo Real”, un tratado o suficientemente forte como para loitar seriamente contra o cambio climático.

 

Entre estes eventos destacan as “vixilias polo clima” (nesta fin de semana vanse facer máis de 2750 en 136 países) coordinadas por algunhas plataformas da coalición Tck Tck Tck, como son 350 ou AVAAZ (nas súas páxinas podes atopar máis información)

 

En Ourense estase a organizar unha destas vixilias a iniciativa dun grupo de xente que se puxo en contacto con Amigos da Terra coa idea de aunar esforzos na loita fronte ao cambio climatico. Eles organizan e nós, por suposto, apoiamos este tipo de iniciativas axudando na difusión e máis coa nosa presenza no evento.

 

Aquí podedes ver a convocatoria que nos fixeron chegar e unirvos a ela.

A vixilia consistirá nun acto silencioso con velas, en solidariedade cos países que máis están sufrindo as consecuencias do cambio climático e que aínda por riba máis lles costa facerse escoitar nas negociacións ante o poder político das “grandes potencias”.

 

Alí estaremos algúns de nós e animámosvos a participar....

Vémonos mañán sábado 12 de decembro ás 19.30h na Ponte Romana de Ourense...so tedes que pasar por alí cunha vela!

 

Neste mapa podedes ver o resto de "vixilias polo clima" que se están a organizar en todo o mundo

 

E lembrade que temos a bastante xente de Amigos da Terra Internacional, Amigos da Terra Europa e Amigos da Terra España en Copenhaguen, o luns tentaremos subir a web un pequeno resumen de cómo se viviu esta primeira semana de negociacións dende alí.

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.