Portada NOVAS Andaina polo Clima, sábado 24 de abril
Andaina polo Clima, sábado 24 de abril
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 09 Abril 2010 16:36
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

banner-cadrado

 

Amigos da Terra, xunto a diversas organizacións cidadás, participará o vindeiro sábado 24 de abril co motivo do Día da Terra, na “Andaina polo Clima”, que terá lugar en Cerceda (A Coruña). Baixo o lema “O clima non está á venda”, a marcha dará comezo ás 17 horas e discorrerá entre a central térmica de Meirama e a incineradora de residuos urbanos de SOGAMA.

Está previsto alugar un autobús con saída desde Santiago para minimizar o transporte en automóbil ata Cerceda, así como para trasladar á xente que participe na marcha desde o remate da mesma ata o punto de inicio. O autobús sairá ás 15.30 horas da Avenida Xoan Carlos I (diante da igrexa do Pilar). Se queredes ir no autobús ata Cerdeda tedes que apuntarvos nunha das organizacións convocantes* antes do 21 de abril.

 

Máis información:

Para as organizacións convocantes, a mudanza climática é a manifestación máis preocupante da crise ecolóxica planetaria que estamos a sufrir, moito máis decisiva para o futuro da humanidade que a actual crise económica. Como o resto dos países enriquecidos, Galicia é tamén responsable da mudanza climática, debido principalmente ao sobreconsumo de combustibles fósiles (petróleo, carbón, gas natural).

 

cartel-andaina-climaAs nosas emisións de dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro por habitante son moi altas, algo que non nos sorprende, xa que contamos coa presenza na nosa comunidade de grandes industrias emisoras como as centrais térmicas de Meirama e As Pontes. A isto temos que engadir o uso masivo do coche, a aposta pola incineración e os vertedoiros como principais formas de xestión dos residuos urbanos, e o retroceso alarmante da agricultura labrega, que erosiona a soberanía alimentaria e aumenta o risco de incendios forestais.

 

As asociacións convocantes desta “Andaina polo Clima”, demandamos un tratado internacional xusto, vinculante e ambicioso para evitar unha mudanza climática catastrófica. Defendemos un modelo económico innovador, baseado no aforro e na eficiencia enerxética, as enerxías renovables e o emprego verde, afastado do produtivismo e do consumismo, que nos permita equilibrar, equitativamente co resto da humanidade, os nosos estándares de vida coa capacidade do planeta para soportalos, decrecendo o consumo de enerxía e de recursos naturais.

 

Esiximos á Xunta de Galicia e aos demais poderes públicos a aplicación urxente en Galicia de políticas coherentes con este obxectivo, que posibiliten unha redución mínima do 30% das emisións galegas de gases de invernadoiro en 2020 a respecto de 1990. Trátase dunha obriga moral, pero tamén dunha oportunidade para mellorar as vidas dos galegos e galegas, pois comportaría múltiples beneficios para a nosa terra: menor dependencia enerxética e alimentaria, cidades e vilas máis habitables, xeración de emprego verde, menor destrución do territorio, aire máis limpo...

 

Nesta marcha rexeitaremos falsas solucións á mudanza climática, como a enerxía nuclear, a captura e almacenamento de carbono, a incineración ou os agrocombustibles, e defenderanse medidas como o peche das centrais térmicas de carbón e da incineradora de SOGAMA, o decrecemento no consumo de enerxía, a expansión das enerxías renovables e o transporte sustentable, así como a aposta pola agroecoloxía e a soberanía alimentaria.


 

(*)Organizacións convocantes: Amarante, Amigos da Terra, Asociación cultural Lucerna (Cerceda), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace, Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP) e Verdegaia.

 

Manifesto "O clima non está á venda"

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.