Portada NOVAS O resultado do cumio de Cancún pon o clima á venda
O resultado do cumio de Cancún pon o clima á venda
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 13 Decembro 2010 12:12
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

final_cancunO acordo adoptado nas negociacións de clima da ONU non progresou na área máis importante: a redución de emisións profunda e vinculante dos países industrializados. Amigos de la Tierra advirte que este acordo brinda unha plataforma para abandonar o Protocolo de Kioto, e integra, no marco da ONU, as débiles promesas de Copenhague, que permitirían un aumento da temperatura de 5 graos centígrados segundo o PNUMA.

 


Nnimmo Bassey, presidente de Amigos de la Tierra Internacional declarou que "o acordo alcanzado aquí non vale para loitar contra o cambio climático. É unha labazada aos que xa o sofren. Para evitar o cambio climático catastrófico necesítase un acordo baseado na ciencia para o países industrializados en virtude do Protocolo de Kioto, mediante o cal os países ricos reduzan as súas emisións en polo menos un 40 por cento para 2020 sen mercados de carbono, compensación, nin baleiros legais. Deben recollerse aquí os principios da Xustiza Climática".


A pesar da falta de avance en temas fundamentais, logrouse progreso noutras áreas, como na adaptación ou o establecemento dun Fondo Mundial para o Clima. Non obstante, os 100 mil millóns de dólares que se puxeron a disposición para este fondo, non están de acordo coa equidade nin a necesidade. O Banco Mundial xogaría un papel clave nos mecanismos de financiamento, que non se pode aceptar. Os países ricos deben cumprir coas súas obrigas de brindar suficientes fondos públicos aos países empobrecidos para que poidan desenvolverse de forma limpa e se adapten aos impactos do cambio climático, que xa sofren. Tamén se logrou un avance na adaptación para axudar aos países empobrecidos a enfrontar os impactos do cambio climático.

 

Alejandro González representante de Amigos de la Tierra España manifestou a súa opinión sobre outros aspectos relevantes durante todo o cumio: "os mecanismos para deter a deforestación non poden permitir aos países ricos continuar emitindo carbono. Os bosques non son reservas de carbono e non deberían ser comercializados. O diñeiro para protexer aos bosques debe provir dos países industrializados. Por outro lado, a ONU é a clave da resposta colectiva da humanidade a esta crise e vemos que o proceso multilateral está a avanzar. Non obstante, a ONU é tan forte como os países que a integran. Non puidemos lograr o progreso necesario en Cancún debido a que os países ricos, que son os principais responsables da contaminación climática, o impediron. Os países industrializados trataron de matar ao Protocolo de Kioto e agora debemos redobrar os nosos esforzos no próximo ano para revivilo.”



Héctor de Prado representante de Amigos de la Tierra declarou: "Dende as organizacións sociais seguiremos apoiando necesariamente os principios de Xustiza Climática que reclaman reducións moito máis ambiciosas e arrancan a soberanía da natureza aos intereses comerciais para devolvérllela ás comunidades e ao propio planeta, evitando mecanismos falaces como os mercados de carbono,". 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.