Portada NOVAS Europa necesita canto antes un obxectivo vinculante de aforro enerxético
Europa necesita canto antes un obxectivo vinculante de aforro enerxético
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 07 Febreiro 2011 09:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

heads_front_peq

 

Amigos de la Tierra Europa lanzou unha campaña centrada no aforro enerxético, e pide aos Xefes de Estado europeos reunidos no Cumio sobre Enerxía en Bruxelas que adopten un obxectivo legalmente vinculante para reducir o consumo enerxético.



Dese modo evitaríase depender das políticas voluntarias aprobadas por cada un dos Estados Membros que ata agora non serviron para aforrar enerxía. Este obxectivo vinculante permitiría alcanzar o obxectivo do 20% de eficiencia enerxética para 2020, ademais de recortar 800 megatoneladas de CO2, diminuír a dependencia enerxética e evitar a construción de 1.000 centrais de carbón.

 

"Este obxectivo tamén contribuiría a aforrar uns 1.000 euros por vivenda e crearía ata un millón de empregos verdes en Europa" afirmou Brook Riley, responsable da campaña de Eficiencia Enerxética de Amigos de la Tierra Europa. Á súa vez sinalou: "a mellor enerxía é aquela que non se utiliza. Pero para conseguir empregar menos enerxía é necesario un compromiso político firme que garanta o primeiro paso coa adopción deste obxectivo de aforro enerxético".

 

politicos_europeos


Segundo as conclusións do Consello Europeo, os Xefes de Estado recoñeceron que Europa non está a seguir o camiño axeitado para conseguir estes obxectivos. Amigos de la Tierra considera que a Unión Europea debería reducir a súa dependencia enerxética en vez de construír novas canalizacións para gas e petróleo, dado que diminuír o consumo de enerxía é imprescindible para resolver os problemas de subministración en Europa.

 

Coincidindo co encontro de Xefes de Estado, Amigos de la Tierra Europa presentou o pasado venres a súa campaña para esixir un obxectivo legalmente vinculante, acompañado de políticas sociais máis ambiciosas a nivel nacional. Así, os grupos nacionais de Amigos de la Tierra Europa, entre eles Amigos de la Tierra España, levarán a cabo a campaña en 10 países. Esta campaña estará principalmente dedicada á contribución da eficiencia enerxética en edificios, xa que o sector supón o 40% do uso enerxético e o 36% das emisións de gases de efecto invernadoiro en Europa, ademais de ter un enorme potencial á hora de crear empregos verdes.

 

"España encóntrase agora mesmo moi afastada dos obxectivos de Eficiencia Enerxética marcados pola UE no Paquete 20-20-20", asegurou Alejandro González, responsable da área de Cambio Climático e Enerxía de Amigos de la Tierra, "polo que é necesario que se poña en marcha canto antes unha nova Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética con medidas ambiciosas".

 

Galería de fotos da acción europea

Vídeo da acción

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.