| Denuncia ante a Unión Europea contra a moratoria ás renovables |
| Escrito por Maria Durán |
| Venres, 10 Febreiro 2012 09:49 |
|
As organizacións agrupadas nesta Coordinadora, na que están presentes asociacións sectoriais, organizacións ecoloxistas, sindicatos, fundacións, empresas e outras entidades, consideran que o RDL 1/2012 pode ir en contra das Directivas europeas 2009/28/CE de Renovables e a 2010/30/UE de Eficiencia Enerxética de Edificios. A directiva de renovables fixa como obxectivo o 20% de consumo final de renovables en 2020 e a de edificios que en 2020 todos os edificios sexan de consumo 100% de enerxía renovable pola instalación destas enerxías pero, ademais, ambas as dúas establecen medidas concretas para eliminar as barreiras que impiden o desenvolvemento das renovables para alcanzar os devanditos obxectivos, como son a inestabilidade nos regulamentos, as trabas administrativas e os obstáculos para a súa conexión á rede. A norma aprobada polo Goberno, e hoxe ratificada polo Congreso, vulnera especialmente o primeiro destes criterios básicos da política enerxética da Unión Europea porque mantén, pola súa temporalidade, o risco regulatorio e a inseguridade xurídica para os novos investimentos. Aínda que, en principio, as directivas (e a 2009/28 en concreto) deixan moita discrecionalidade aos Estados membros para cumprir os obxectivos que impoñen (neste caso o 20% de renovables en 2020), a Coordinadora de Renovables vai estudar cos servizos xurídicos a posibilidade de interpoñer unha denuncia ante a Comisión Europea. Entenden as entidades que o RDL, ao suprimir as primas, imposibilita de facto o cumprimento do Plan de Enerxías Renovables recentemente aprobado e polo tanto o obxectivo do 20% da Directiva, xa que o sistema de retribución baseado en primas é substancial para as tecnoloxías renovables eléctricas. Sen os incentivos imposibilítase na práctica a instalación da potencia necesaria para cumprir os obxectivos. Ademais vaise denunciar que o Goberno, con esta norma, non está a garantir a eliminación de barreiras para o acceso á rede e para os procedementos administrativos de autorización de instalacións, senón todo o contrario: está a interpoñer unha barreira definitiva. Xa o pasado día 31 de xaneiro a Coordinadora fixo público un comunicado no que, entre outras consideracións, afirmaba que "é un erro histórico aplicar unha moratoria a un sector, como o das renovables, que é dos moi poucos da nosa industria nacional que adquiriron un liderado mundial como Marca España. O modelo de renovables que todos viñeron a copiar agora paralízase para que outros o desenvolvan". As explicacións dadas esta mañá no debate polo Ministro de Industria, Enerxía e Turismo para pedir a validación do Real Decreto Lei (que nin sequera será tramitado como proxecto de lei, o que permitiría un debate máis sosegado e participativo) seguen confundindo á opinión pública ao citar ás primas das renovables como primeira causa do Déficit de Tarifa. Esta Coordinadora decidiu levar a cabo diversas iniciativas de comunicación e sensibilización da sociedade para denunciar as consecuencias desta moratoria e poñer en valor o papel das enerxías renovables no novo modelo enerxético que se require. Subscriben este documento: Albasolar, All Green Energies, Alternativa Verda, Amigos de la Tierra, Ansasol Energía Fotovoltaica, ARE (Alliance for Rural Electrification), Asociación de Ciencias Ambientales, Asociación de la Industria Fotovoltaica, Asociación Empresarial de Energías Renovables y Ahorro Energético de la Región de Murcia, Asociación Empresarial Fotovoltaica, Asociación de Instaladores de Energía Solar Fotovoltaica (AIFOC), Associació de Professionals de les Energies Renovables de Catalunya (APERCA), Asociación Solar de la Industria Térmica, Athanor, AVEBIOM (Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa), CCOO, Coalición Clima, Día de la Terra Catalunya, Ecologistas en Acción, ECOOO, Ecoserveis, Enática Energías Renovables, S.L., EolicCat, Eolpop S.L., EUROSOLAR España, Federación Nacional de Empresarios de Instalaciones Eléctricas y Telecomunicaciones de España, Fundación Desarrollo Sostenible, Fundación Ecología y Desarrollo, Fundación Equo, Fundación Renovables, Fundación Terra, Greenpeace, Grupo de Abastecimiento Energético (GAE), Grupo de Científicos y Técnicos por un futuro no nuclear, Jumanji Solar, Luz Verde, MCA-UGT, Protermosolar, Revista Energías Renovables, Revistas Era Solar y Eolus, SEO BirdLife, Sinapsis, Solar News, Solarweb.net, Som Energía, Una Sola Terra, Unión Española Fotovoltaica (UNEF), WWF España. |

A Coordinadora de Apoio ás Enerxías Renovables (que agrupa máis de cincuenta entidades de diversos ámbitos) decidiu emprender as accións oportunas para preparar unha eventual denuncia ante os organismos da Unión Europea contra a moratoria ao desenvolvemento das enerxías renovables que implica o RDL 1/2012, aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres 27 de xaneiro e ratificado hoxe, 9 de Febreiro no Pleno do Congreso cos votos do Partido Popular.


