Portada NOVAS Coalición Clima rexeita a explotación das areas de petróleo
Coalición Clima rexeita a explotación das areas de petróleo
Escrito por Maria Durán   
Xoves, 23 Febreiro 2012 11:21
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

TarSands-150

As trinta organizacións reunidas na Coalición Clima, da que forma parte Amigos de la Tierra, dirixíronse hoxe cunha carta aos Ministros Soria e Cañete instándoos a solucionaren o problema da entrada no mercado europeo de materias primas para combustíbeis para o transporte cada vez máis contaminantes e de maior impacto sobre o clima.

 

 

 Carta enviada ao Goberno español.

Especialmente preocupante, para estas organizacións é o caso das areas bituminosas. Con esta misiva Coalición Clima, súmase á petición recibida hai poucos días polo Presidente Rajoy e o Ministro Cañete de parte de oito Premios Nobel pola Paz para que se aseguren de que España vote a prol da proposta da Comisión Europea sobre a aplicación da Directiva europea sobre Calidade de Combustíbeis o próximo 23 de febreiro para bloquear a entrada das areas bituminosas no mercado europeo.

 

En pleno acordo co escrito polos premios Nobel pola Paz, Coalición Clima entende que o petróleo producido a partir de fontes altamente contaminantes, como as areas bituminosas, emite aínda máis gases de efecto invernadoiro que o petróleo convencional. A extracción de areas bituminosas en Canadá destruíu áreas prístinas e tivo un impacto desvastador sobre as comunidades locais e indíxenas.

 

A Directiva sobre Calidade de Combustíbeis (FQD, nas súas siglas inglesas) adoptouse en 2008 co obxectivo de reducir nun 6%, entre 2010 e 2020, a intensidade de emisións de CO2 dos combustíbeis usados no sector europeo do transporte por estrada. Como tal, ofrece unha importante achega á descarbonización do transporte, o único sector da UE cuxas emisións de gases de efecto invernadoiro seguen crecendo.

 

A proposta sometida a votación o próximo xoves trata de como aplicar a Directiva e estabelece como os provedores deben calcular e informar sobre a intensidade de emisións de carbono dos combustíbeis fóseis así como da electricidade que proporcionan. Algo fundamental xa que as areas bituminosas poden chegar a emitir até un 23% máis que o petróleo convencional. A súa aprobación é un requisito previo para a aplicación dunha peza lexislativa fundamental para a loita contra o quentamento global na que se clasifica aos diferentes tipos de combustíbeis fóseis segundo a súa intensidade media de emisións de CO2 e bloquearía a entrada aos mercados europeos ás materias primas máis contaminantes.

 

Porén, Canadá (un dos maiores produtores de areas bituminosas do mundo) así como as compañías petroleiras están a presionar fortemente os Estados Membros da UE para que se opoñan á proposta que se someterá a votación o xoves.

 

Desde Coalición Clima saliéntase que mesmo un país tan dependente do petróleo como EUA se negou a entrar no xogo das areas bituminosas e, este inverno, desestimou o macroproxecto de oleoduto para a importación de areas bituminosas de Canadá. A cuestión é se Europa está disposta a opoñerse á presión dos intereses do petróleo e das areas bituminosas, para preservar o apoio ás verdadeiras solucións á crise económica e climática: se Europa quere evitar os riscos máis perigosos do cambio climático, non pode ignorar que é imprescindíbel tratar axeitadamente a pegada de carbono destes combustíbeis.

 

Ademais, dende Coalición Clima destácase que esta proposta permite aos provedores demostraren que a súa propia extracción ou método de produción ofrece unha menor intensidade de emisións de CO2 que a media do sector. Isto xera un incentivo para que se invista en procesos e tecnoloxías máis eficientes e, do mesmo modo, fomenta a igualdade de condicións e a competencia no mercado.

 

Forman parte de Coalición Clima: Organizacións medio ambientais: AMIGOS DE LA TIERRA, ECOLOXISTAS EN ACCIÓN, ECOLOGÍA Y DESARROLLO, GREENPEACE, SEO/BIRDLIFE, WWF, GREEN CROSS ESPAÑA, ACCIÓN NATURA. Sindicatos: CC.OO. ONG de desenvolvemento: CEAR, COORDINADORA DE ONGD, GLOBALÍZATE, INTERMON OXFAM, IPADE, INSPIRACTION, MANOS UNIDAS, MOVIMIENTO POR LA PAZ. Científicos: AFILS (Asociación para el fomento de iniciativas locales sostenibles), CIMA (Científicos por el Medio Ambiente), COORDINADORA ESTATAL DE CIENCIAS AMBIENTALES, RED DE UNIVERSIDADES POR EL CLIMA, SOCIÓLOGOS SIN FRONTERAS. Consumidores: ADICAE, ASGECO, CECU, FUCI, HISPACOOP, OCU. Organizacións sociais: ASOCIACIÓN DE SCOUTS DE ESPAÑA, ATTAC.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.