| Amigos da terra súmase ás actividades da xornada estatal antinuclear |
| Escrito por Maria Durán |
| Venres, 09 Marzo 2012 14:19 |
|
No aniversario da catástrofe de Fukushima, Amigos da Terra súmase as actividades da xornada estatal antinuclear,organizada pola coordinadira estatal anti-nuclear, cunha accion simbólica de encendido de velas e exposición de lemas antinucleares conmemorando o aniversario do accidente.
En Fukushima Daichii produciuse o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandonar esta fonte de enerxía.
"O que aconteceu en Xapón evidencia perfectamente que a enerxía nuclear non é segura e de ningún xeito está libre de riscos e non fai senón dar a razón a aquelas persoas que defendemos que este tipo de enerxía non pode ter cabida”
As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020.
É necesario reabrir o debate enerxético no que a redución da demanda, a eficiencia e o decidido impulso polas renovables deben ser as principais apostas. A enerxía nuclear non é segura, nin barata, nin necesaria:
Amigos de la Tierra rexeita o uso da enerxía nuclear en todo o mundo e propón a redución do consumo enerxético como piar central da política enerxética en España e Europa. Así, a organización reclama que Europa prescinda desta enerxía na ruta cara a unha sociedade e unha economía libre de emisións de gases de efecto invernadoiro, xa que cun horizonte dunhas décadas, é posible cubrir a subministración eléctrica unicamente con renovables.
É o momento de dicir non á enerxía nuclear! |








Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.