Portada NOVAS Amigos da Terra alerta da situación dos agrocombustibles
Amigos da Terra alerta da situación dos agrocombustibles
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 15 Outubro 2008 16:10
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

O 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación, unha iniciativa da FAO que este ano céntrase na “Seguridade Alimentaria Mundial: os Desafíos do Cambio Climático e a Bioenergía”. Amigos da Terra denuncia os impactos que sobre os problemas da fame e pobreza está provocando a aposta polos agrocombustibles e fai un chamamento para a retirada dos obxectivos obligatorios para a súa introdución a gran escala.

 

Para iso, activistas vestidos de maíz entregaron esta mañá varios informes  sobre os impactos dos agrocombustibles ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a autoridades rexionais en varias cidades españolas.


En Galicia realizouse está acción reivindicativa diante da Subdelegación do Goberno en Ourense facendo entrega da documentación dirixida ás Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural sobre as repercusións dos agrocombustibles e reivindicando a retirada dos obxectivos obrigatorios de introdución dos agrocombustibles.


¡Antes comestibles que combustibles!


 

O Banco Mundial estima que 100 millóns de persoas máis están baixo o limiar da pobreza como resultado da crise dos alimentos. Institucións como o Fondo Monetario Internacional estiman que en torno ao 30% desta subida de prezos débese á aposta polos agrocombustibles. E os impactos desta subida na poboación máis desfavorecida, que destina o 50 - 80% dos seus ingresos á alimentación son devastadores. Outras institucións como a OCDE e a FAO xa advertiron que a demanda de materia prima para agrocombustibles estaba causando cambios fundamentais nos mercados agrarios que poden conducir a un incremento de prezos de varios produtos agrícolas

 

 

A produción de agrocombustibles provoca competición polo uso da terra cos cultivos alimentarios en case todos os países, con crecementos espectaculares das áreas dedicadas ao cultivo de aceite de palma en Indonesia, Malasia ou Colombia; ou de cana de azucre en Brasil ou Uruguay, desprazando cultivos alimentarios, e acelerando a perda de biodiversidade, ao substituír selvas, turberas ou sabanas por monocultivos. A expansión destes monocultivos despraza comunidades rurales e poboación indígena das súas terras, que perden o seu medio de sustento.

Non está claro que os agrocombustibles contribúan de forma significativa á redución de gases de efecto invernadero. Desde Amigos da Terra solicitamos medidas reais de loita contra o cambio climático, que non supoñan unha ameaza para a alimentación mundial nin comprometan o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio para reducir a pobreza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.