Portada Novas IIIª Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
IIIª Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 20 Marzo 2009 11:32

Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante,  Semente e Verdegaia organizan as  IIIª Xornadas de Agroecoloxía de Ourense centradas nas “alternativas fronte a crise”.


As III Xornadas de Agroecoloxía de Ourense xorden nun momento histórico marcado pola actual crise económica da clase media e alta a escala planetaria. As dúas anteriores edicións das Xornadas tentaban mostrar eivas do sistema productivo-consumista, e posibles alternativas a ese sistema. Estas III Xornadas de Agroecoloxía toman o relevo das dúas anteriores, e trasladan os conflictos mundiais ao ámbito local para visibilizar proxectos e alternativas reais que conducen a un mundo máis xusto, máis humano.


Queremos insistir na agroecoloxía como unha ferramenta con un enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actuar de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles á calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.


A Agroecoloxía aséntase nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consume, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es ademais de potenciar á/ao pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.
Retomando o modelo de financiación da segunda edición das Xornadas, dende a organización optamos por un evento autoxestionado, que se sustente a través das aportacións individuais nas diferentes actividades lúdicas que se organizan, ademáis da colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como voceiro da cidadanía.

Mais información

Programa das Xornadas

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.