| Amigos da Terra resalta os seguintes resultados da reunión do Consello Forestal |
| Escrito por Montse Valencia |
| Martes, 29 Xuño 2010 11:12 |
|
Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) asistiron á reunión convocada pola Xunta de Galicia e que tiña como único punto do día a presentación do Plano de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA).
O PLADIGA non se deu a coñecer antes do propio día da xuntanza do Consello polo que resulta del todo inoperante poder facer propostas a un texto do que se descoñece o seu contido motivo polo cal de partida non se pode apoiar o devandito plano de prevención e extinción de incendios, queixa que ambas entidades ecoloxistas transmitiron
Tamén houbo queixa do propio funcionamento do Consello Forestal ao non convocar as reunións de forma períódica (a anterior xuntanza do Consello Forestal foi o 16 de xuño de 2009).
Insistiuse por parte das asociacións ecoloxistas galegas na necesidade de crear grupos de traballo que realmente poidan debatir e acadar acordos sobre o patrimonio forestal:
Asímesmo, queixa pola política reincidente de “queimas controladas” que se consideran manifestado reiterativamente, que hai medios materiais, técnicos e humanos para deixar de seguir usando indiscriminadamente o lume nos ecosistemas agroforestais como ferramenta para eliminar a vexetación.
Outras propostas, queixas e inquedanzas que se fixeron chegar ao Consello Forestal foron:
_ Necesidade de lexislar o “Tráfico de Vehículos a Motor” no espazo forestal, posto que Galicia é un dos poucos territorios da Unión Europea que non ten regulación ao respeto.
_ Prevención de riscos no sector forestal. Alta siniestralidade nos traballos forestais sen que por parte da Xunta se teña feito nada.
_ Posta en marcha, pondo en práctica o “principio de precaución”, dun “Código de Boas Prácticas Forestais” para realizar un aproveitamento axeitado dos ecosistemas forestais evitando a actual anarquía e desfeitas previsible e evitables, esto acompañado por suposto coa obriga de cumprir a lexislación en vigor.
_ Tendo en consideración a grave situación que está a sufrir o sector forestal (ano 2009 o sector forestal perdeu en Galicia 3.300 postos de traballo e deixou de facturar un 30% con respeto ao ano anterior), que alternativas ou plans de choque se pensan por parte da Xunta de Galicia?
Resumo de contestacións da administración ás nosas propostas preguntas:
_ Están abertas a creación de mesas de traballo polo que solicitan que os ecoloxistas acheguen propostas.
_ Queimas controladas, consideran que hai que ir pouco a pouco”paseniñamente” posto que é unha práctica moi establecida no agro galego e de momento seguirase polo mesmo camiño
_ O borrador da nova Lei de Montes compremétense a achegala en tempo e forma ás distintas organizacións representativas para poder ser estudado e de ser o caso, presentar alegacións e propostas.
_ Prevención de riscos no sector forestal, tendo en consideración que a Consellería do Medio Rural está a facer un plano de prevención para o agro pódese aproveitar o mesmo e estendelo ao sector forestal
Do cumprimento ou non dos compromisos por parte da Xunta de Galicia só o tempo sera testemuña e daralle ou quitaralle a razón a quen afirma que se buscará un funcionamento máis dinámico. Pola nosa parte, só podemos lembrar que dende a súa creación, no ano 2004, o Consello Forestal nunca funcionou por culpa da propia Xunta de Galicia.
O PLADIGA aprobado ao día seguinte polo Consello da Xunta de Galicia pode baixarse da páxina web da Consellería do Medio Rural.
|


