| Amigos da Terra organiza a Campaña "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore" |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Sábado, 03 Xullo 2010 14:00 |
|
A cidade de Ourense acolle a vindeira semana esta iniciativa destinada a espertar a conciencia solidaria dos seus veciños e veciñas a prol da doazón de sangue e da conservación do medio ambiente.
Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura vai a levar a cabo, por decimo ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 248 persoas.
A iniciativa terá lugar entre os días 9 e 16 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre a doazón de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente.
Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios de “Amigos da Terra” distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.
As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia distribuiranse do seguinte xeito:
VENRES 9 DE XULLO: Barrio Portocarreiro, na saída das Galerías Proyflem na esquina da Rúa Deza coa Rúa Dr. Fleming das 15.30 ás 18.00 horas e Barrio de Vista Hermosa, diante da Igrexa, das 18.30 ás 21.00 horas.
LUNS 12 DE XULLO: Rúa do Paseo, diante da “Ibense” das 15.30 ás 21.00 horas.
MARTES 13 DE XULLO: Rúa do Paseo, diante da “Ibense” das 09.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas.
MÉRCORES 14 DE XULLO: Barrio O Posio, na Rúa Coruña, esquina coa Rúa do Progreso, das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.
XOVES 15 DE XULLO: Barrio O Couto, na Rúa Vila Real ao carón do Colexio Santo Anxo das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.
VENRES 16 DE XULLO: Barrio da Carballeira, na rotonda da Rúa Nicomedes Pastor Díaz esquina coa Rúa Fernández Alonso das 15.30 ás 21.00 horas.
Nesta campaña colaboran tamén con nós: Supermercados Eroski e a Cooperativa Braña.
Ti tamén podes colaborar a través de Amigos da Terra, achegándote á asociación para inscribirte como voluntario/a na campaña. O noso obxectivo será o de dar información a pé de rúa aos cidadáns sobre dita campaña.
Todas as persoas que desexen participar como voluntarias nesta campaña, poden poñerse en contacto con nós: Amigos da Terra Telf: 988 374 318 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|








