Portada NOVAS Plan de Xestión do Lobo en Galicia
Plan de Xestión do Lobo en Galicia
Escrito por Webmaster   
Venres, 27 Xuño 2008 01:00
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter




O luns pasado levouse a cabo a última reunión de grupos ecoloxistas, entre os que se atopaba Amigos da Terra, a Universidade, gandeiros e cazadores que, xunto coa Administración, trataron de ultimar o Plan de Xestión do Lobo avanzando os derradeiros retoques do mesmo.

 

Suponse aprobado para o vindeiro outono o Decreto que regule a xestión do lobo, co que se poría fin a unha carreira de fondo que tivo a súa orixe na necesidade de xestionar unha especie coma o lobo en Galicia, que alcanza a ser máis un animal asentado na cultura galega que unha alimaña.



Aínda co Plan é mellorable nalgúns aspectos, o mesmo presenta unha serie de puntos que son observados con optimismo, tanto polos precursores da defensa do animal, como por aqueles que sofren sobre o gando da súa propiedade os presuntos ataques de lobos.

Esta inicial presunción responde aos problemas con que se atopa moitas veces a administración á hora da identificación dun cadáver comido polo lobo, xa que están proliferando os cans asilvestrados no rural e aumentando tamén, o número de aves carroñeiras na xeografía galega.

O lobo deixa de ser unha especie cinexética e, con elo, desaparece a idea do lobo como “trofeo”. A administración vai adoptar, en base ao Plan, unha serie de medidas de control tratando de paliar os danos que o lobo produce sobre o gando.



E por outro lado, tratará de erradicar batidas ilegais, cepos, trampas e velenos que durante moitos anos foron a nota predominante nos montes galegos o que levou a pór a especie en grave risco de extinción.

As batidas que se autoricen deberán estar debidamente xustificadas e so poderán levarse a cabo en base a un permiso da administración. A morte do lobo a mans de gandeiros e/ou cazadores, veríase coma un fracaso xa que resultarían, polo tanto, ineficaces as medidas de control promovidas pola Consellería.

Neste senso, sería tamén de grande interese que ditas batidas foran feitas por técnicos da consellería, tal e como ocorre en Asturias, e non polos cazadores.

Amigos a Terra celebra a posta en marcha da ultimación do Plan e con el, a regulación do Foro Galego do Lobo que se vai crear e que servirá para a xestión da especie por distintos organismos especializados que, xunto coa administración, farán pervivir o lobo como o gran protagonista de lendas na Galicia e como especie cun importante papel na biodiversidade dos montes galegos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.