Portada NOVAS Incendios desastre ecolóxico económico e social
Incendios desastre ecolóxico económico e social
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 18 Outubro 2011 12:49
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Incendio_Morrazo__4_copy

Amigos da Terra esixe á Xunta de Galicia que recoñeza a gravidade dos incendios forestais que están calcinando os ecosistemas naturais máis importantes da provincia de Ourense.

Triste a falla de reacción da Xunta de Galicia, triste o que esta a acontecer cos nosos montes, moi triste o discurso autocomplacente da Xunta de Galicia en materia tan sensible como é a de incendios forestais,

dende Amigos da Terra esiximos ao Goberno galego que asuma a realidade, que deixe de falsear as estimacións de superficies calcinadas e de informar dos danos medio ambientais, económicos e sociais que a vaga incendiaria está producindo nos ecosistemas forestais de Galicia: un desastre ecolóxico de consecuencias incalculables, desastre tamén dende o punto de vista económico e social.

 

Incendios forestais que estragaron e estragan o corazón dos espazos naturais de máis valor da provincia de Ourense: Serra do Xurés (parque trasfronterizo, reserva mundial da biosfera...), Serra Martiñá, Faro de Avión, Serra de San Mamede. Serra de Queixa, Manzaneda, Montes do Invernadeiro (xa van calcinadas no Macizo Central máis de 4.000 hectáreas e sigue o incendio incontrolado), Canóns do Sil, Serra do Larouco, Castro Leboreiro...(en poucos días máis de 10.000 hectáreas calcinadas en parques naturais, zonas LIC (lugares de interese comunitario polo seu valor ecolóxico), ZEPAS (zonas de especial protección para as aves). Miles de hectáreas de zonas arboladas...centos de millóns de euros en perdas económicas directas, perdas que se multiplican exponencialmente se valoramos as perdas totais (biodiversidade, paisaxe, pastos, caza, funcións reguladoras do ciclo da auga e do clima que realizan estes ecosistemas)...

 

Falla de reacción e de medios, diante da desfeita a Xunta de Galicia non foi capaz de reaccionar a tempo deixando a provincia de Ourense durante días con só os medios propios (brigadas forestais con só un compoñente, torretas de vixiancia sen vixiantes de incendios (distritos enteiros sen un só vixiante), autobombas que non cobren as 24 horas do día, sen máquinas (buldózer) para traballos de control en grandes incendios, brigadas fixas con un 20-30% menos de persoal por baixas e xubilacións...aproximadamente só a metade dos medios de reforzo do verán. Acumulación de factores que fixo que durante horas moitos incendios forestais arderan sen control e sen ningún persoal encargado da súa extinción.

 

Falta dun mapa de medios e recursos, medios de extinción de concellos gardados en garaxes e non usados (autobombas, tractores) medios mercados con diñeiro público. Medios materiais e técnicos de Deputacións e outras Consellerías sen usar diante dunha situación de emerxencia e de desfeita medio ambiental. Como é posible que diante da situación producida a Xunta de Galicia non creara un "Gabinete de Crises" para solicitar a colaboración e o uso de tódolos medios existentes para facer fronte a vaga incendiaria.

 

incendios_ourense

 

Dende Amigos da Terra, por enésima vez solicitamos da Xunta de Galicia: Información puntual dos lumes que se producen en Galicia, dos seus efectos, superficies afectadas e dos medios usados para a súa extinción. A sociedade actual debe de ser informada do que acontece nos montes, dos atentados contra o noso patrimonio natural, fuxindo de sensacionalismos e alarmismos "agochar a realidade non axuda a solucionar o problema".

 

A falla de información, o silencio premeditado e o engano son un insulto para os traballadores e traballadoras forestais de Galicia, observamos como a estratexia política de desinformación, mentiras e manipulación estadística fai que o conxunto da sociedade non valore o traballo que realizan a cotío.

 

Amigos da Terra tamén vai a solicitar, unha vez máis, a creación dunha "Mesa de Traballo" sobre incendios forestais no Consello Forestal de Galicia para intentar o indispensable consenso do que ten que ser unha política de prevención e extinción axeitada.

Rematar coa eiva incendiaria é posibe, para conquerilo é imprescindibl a colaboración do conxunto da sociedade, hoxe máis que nunca é precisa esta colaboración diante da incompetencia dos xestores públicos da Xunta de Galicia.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+1 #9 xuliano o apostata 30/10/2011 13:31
ardeu moito, moitisimo este ano... eo delegado da xunta d. rogelio andaba nos madriles a ver o partido de futbol namentras ourense ardian polas catro esquinas e a xentiña, xente moi maior andaba con ramballos e con caldeiros de auga intentando apagar as lapas.
Citar
 
 
+2 #8 Analía 19/10/2011 08:17
Eu iría incluso máis alá dos/as propietarios/as. Para min a última das causas é o abandono do rural e súa desvalorización
Citar
 
 
-2 #7 brian_habana 19/10/2011 08:08
nem uma referência para o abandono no que os proprietários florestais têm os montes da Galiza, eu acho que eles têm parte da culpa digo eu. Os tojos, as giestas, pinheiros bravos e eucaliptos não serão os culpados mas é evidente que se o monte arde é por causa deles. Outra coisa, falar em província de Orense?? isto é um problema nacional
Citar
 
 
+2 #6 Analía 18/10/2011 18:22
para todas as persoas que chamáchedes ou escribíches preguntando polo lume que estaba próximo a As Corcerizas, confirmar que non chegou a afectar ao Centro, e que nestes momentos está xa sofocado
Citar
 
 
+3 #5 Analía 18/10/2011 18:11
Salientable a reacción do alumnado do ciclo de Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos do IES Antioquia, quen ante esta dramática situación, reacciona con forza e visión constructivista propoñendo coordinarse cos/as Axentes que están traballando na extición dos lumes, co obxecto de facilitar ou apoiar o seu traballo.
Citar
 
 
-1 #4 Antón 18/10/2011 18:08
Marina, a nota xa está no noso facebook. Estamos traducindo para remitila tamén ao facebook de estatal.
Citar
 
 
+1 #3 Antón 18/10/2011 17:55
Sobre todo sorprende a clase política que mantemos. Hoxe tiraba de hemeroteca e facía cuns compañeiros unha comparativa entre as declaracións de hoxe do PSOE e as do PP en Agosto de 2006, e viceversa... son idénticas!!!.
Citar
 
 
-1 #2 Marina 18/10/2011 17:23
Hacía falta sacar el artículo en español para que al compartirlo en el Facebook se entere todo el país. Esto se tiene que saber en todas partes. La ineficacia del Gobierno autonómico que tenemos. Lo que le importamos a nuestros políticos.
Citar
 
 
+5 #1 Marina 18/10/2011 17:02
Estoy indignada por lo que está ocurriendo en Galicia. Es un desprecio de la Xunta a todos y cada uno de nosotros además de las pérdidas de incalculable valor ya no solo económico si no ecológico. Generalmente valoramos un incendio por la masa arbórea quemada pero nos olvidamos de la fauna, desde los microorganismos de la tierra hasta los animales salvajes pasando por los insectos ya tan diezmados por los insecticidas. No quiero pensar lo que se nos puede avecinar con tal desforestación,ya había bastante con las macro-cimentaciones, esto es algo ya sin nombre. Si en algo os puedo ayudar contad conmigo. ¡¡¡ESTOY MAS QUE INDIGNADA!!! ESTO NO SE PUEDE TOLERAR.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.