Portada NOVAS Alegacións ao Borrador da Lei de Montes
Alegacións ao Borrador da Lei de Montes
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 10 Novembro 2011 14:40
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

paisaxe_monte

Amigos da Terra é unha das organizacións ambientalistas con representación no Consello Forestal, organización que dende a creación do Consello intentou e intenta facer propostas, achegas e suxestións que axuden a mellorar a protección, xestión e valorización dos ecosistemas forestais de Galicia.

 

Somos sabedores da transcendencia da Lei de Montes, así como da necesidade dunha lexislación forestal axeitada aos ecosistemas do país, pola importancia económica, ecolóxica e social que os montes teñen en Galicia.

 

Dende o punto de vista metodolóxico, e así llo fixemos chegar a Consellería do Medio Rural, á hora de desenvolver unha Lei de Montes, parecíanos máis axeitado comezar por elaborar unha estratexia forestal galega, e un novo plan forestal, que establecesen as bases do sector forestal nos seus aspectos produtivo e socio recreativos cos de conservación, e unha vez determinados estes aspectos esenciais, redactar a Lei de Montes como un medio para alcanzar os fins e obxectivos previstos na Estratexia e no Plan Forestal de Galicia previamente deseñados.

 

Dende Amigos da Terra tamén nos parecía máis lóxico que dentro do Consello Forestal se crearan "Mesas de Traballo" para debater en profundidade entre as organizacións representativas o articulado desta nova lei co fin de atopar o imprescindible consenso dunha Lei de Montes de aplicación a unha boa parte do territorio e que vai a ser a base da regulación durante moitos anos dos ecosistemas forestais de Galicia.

 

A Consellería do Medio Rural apostou por contactos "bis a bis" coas distintas organizacións, así como polo debate interno na Mesa da Madeira, mesa na que non estamos todas as organizacións representativas do sector forestal-medioambiental-social, co cal non foi posible explicar posicionamentos que no caso de haber unha verdadeira participación aberta en mesas de traballo poderíase chegar a puntos de encontro que mellorarian o texto inicial da futura Lei de Montes.

 

Dado que ao noso entender este borrador de lei apenas considera aspectos relativos a sustentabilidade dos espazos e ecosistemas forestais e a conservación da natureza, tampouco se integran os conceptos de bosques maduros ou bosques singulares ou a conservación e recuperación dos ecosistemas silvopastorais tradicionais como alternativa ao uso do lume nas zonas de montaña.

 

castineiro

 

Amigos da Terra tamén considera que estamos diante dun borrador de Lei de Montes de Galicia cun enfoque que dominou o último século, mais co cambio climático e a posta en valor doutras externalidades que os ecosistemas forestais proporcionan para a vida sobre a Terra, os montes cumpren outras moitas funcións que os exclusivamente madeireiros e, sobre todo, o enfoque de conservación da natureza e de mantemento da biodiversidade debe de facerse visible e penetrar en tódolos capítulos de calquera lexislación forestal que se prece.

 

Dende a óptica de Amigos da Terra, os grandes desafíos que afronta o sector forestal galego a curto e medio prazo, son:

 

1º. A xestión do medio rural nos seus aspectos clásicos (agropecuarios e forestais) e nas súas externalidades (turismo e lecer), e a consecuente necesidade de crear as condicións para que a xestión integral se poida profesionalizar, creando posibles novos nichos de emprego e consecuentemente novas empresas de ámbito local co fin de fixar poboación no rural.

 

2º. Atopar fórmulas que permitan por en valor os nosos latifundios (700.000 ha. Ocupadas polos montes veciñais en man común), a Lei 13/89 de MVMC sigue sendo indispensable para o desenvolvemento de amplas zonas do rural de Galicia, en todo caso habería que modificala e adaptala a propia evolución da sociedade, establecendo un novo regulamento.

 

3º. Conseguir que os investimentos públicos no monte, sexan fundamentalmente investimentos ambientalistas e produtivos.

 

4º. Salientar que en Galicia, a práctica inexistencia de propiedade pública forestal, condiciona absolutamente a concepción da xestión do medio rural, polo que a consecución de calquera obxectivo, fai precisa a participación do propietario, sexa particular ou veciño comuneiro. Hai exemplos en Europa do funcionamento dos Consellos Forestais a nivel de Distrito dende o ano 1905, estes Consellos deseñan e promoven a conservación e o aproveitamento dos ecosistemas forestais, o asesoramento aos propietarios e a poboación en xeral, a formación e a educación...

 

Sen ánimo de ser exhaustivos, estes serían algúns dos principais puntos que dende Amigos da Terra estimamos requerirían un maior nivel de reflexión ou concreción por parte da Consellería do Medio Rural.

 

Amigos da Terra intentará, na semana que a Consellería do Medio Rural deu de prazo para realizar propostas que se podan incluír no actual Borrador da Lei de Montes, facer achegas que consideramos imprescindibles para poder apoiar a Lei de Montes de Galicia.

 

Dende Amigos da Terra queremos deixar claro, e así llo fixemos saber a Consellería do Medio Rural, que non apoiamos o actual borrador da Lei de Montes por non recoller aspectos esenciais para o coidado, protección e aproveitamento sustentable dos ecosistemas forestais de Galicia.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.