|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Mércores, 13 Xullo 2011 10:10 |
|

Un ano máis, Amigos da Terra en colaboración co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura organiza na cidade de Ourense a campaña: "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore", que na edición do pasado 2010, acadou unha participación de 236 persoas.
|
|
Escrito por Montse Valencia
|
|
Luns, 04 Xullo 2011 08:42 |
Diante do incremento do número de incendios forestais en Galicia, Amigos da Terra considera urxente a posta en funcionamento do conxunto do operativo previsto no PLADIGA para a campaña de máximo risco do verán 2011. Ante a situación da vaga incendiaria vai a solicitar unha reunión urxente do Consello Forestal de Galicia.
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Martes, 22 Marzo 2011 09:38 |
|

Co gallo do Día Mundial da Auga, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Adega, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Sociedade Galega de Historia Natural(SGHN) e Verdegaia presentan un manifesto na procura dunha mudanza radical no xeito de entender a cidadanía e o conxunto das Administracións Públicas o uso deste elemento vital para a vida.
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Xoves, 17 Marzo 2011 09:34 |
|
En vésperas do Día Forestal Mundial (luns 21 de marzo), máis de 20 organizacións de conservación da natureza e colectivos ecoloxistas de ámbito nacional e de Andalucía, Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco fixeron público o manifesto "Unha Visión Común sobre o problema das plantacións de eucalipto". No documento, os colectivos asinantes fan unha breve análise sobre a conflitividade asociada a estas plantacións e, sobre todo, definen unha folla de ruta para as administracións públicas e o sector do eucalipto para rematar con máis de 40 anos de conflitos xerados por estas plantacións.
|