Portada NOVAS Ven facer pan en Ourense con Amigos da Terra
Ven facer pan en Ourense con Amigos da Terra
Escrito por Raquel Fernández Rodríguez   
Xoves, 28 Xuño 2012 13:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

bolas_panDespois do éxito acadado no obradoiro realizado o pasado venres en Vigo, Amigos da Terra volve convidarte a outra actividade da campaña de Alimentos Quilométricos, esta vez en Ourense. Nesta ocasión contaremos coa colaboración dun dos nosos socios, promotor das Fornadas Comunitarias de Oroxo,  que nos ensinará, de xeito práctico, como facer o noso propio pan na casa apartir de fermento nai.

 

Si o tempo acompaña, coceremos algúns dos pans que fagamos nun forno solar que, ou ben instalaremos na Praza da Trindade ou ben nalgunha das prazas cercanas ao local de Sem Um Cam, na rúa Vilar. En caso de que Lorenzo nos negue a súa presenza, coceremos nun forno de gas e nun par de fornos eléctricos pequenos.

 

Para facer o voso propio pan deberedes traer: medio quilo de fariña de trigo ou espelta, a ser posible ecolóxica e integral, un recipiente de boca ancha para amasar e un par de panos para cubrir a masa mentres leveda. Probablemente non poidamos cocer os experimentos de todas/os e haberá xente que remate o proceso na casa pero, por si acaso, levade moldes ou bandexas si queredes tentar facer o proceso completo.

 

Como o proceso de cocción leva o seu tempo, ás/ós que queirades quedar a ver o resultado final, suxerímosvos participar nun xantar colectivo, feito coas aportacións de todas e todos os participantes; cada persoa poderá traer algo para compartir, tentando que sexa de tempada, local e ecolóxico e tamén elaboraremos en común algunhas pizzas.

 

DATA: Sábado día 30 de xullo

HORA: Comenzaremos ás 10:00 horas

LUGAR: Local social Sem Um Cam en Ourense, rúa do Vilar, 9, baixo

 

O obradoiro ten prezo libre pero as plazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 988 374 318

 

Para máis información: contactando con Raquel Fernández no 988 374 318 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Coa colaboración de:  logos_alimentos_peque

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.