| Seminario de Financiamento Ético |
| Escrito por Judith Sing |
| Luns, 03 Novembro 2008 18:11 |
|
Desde a Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega da que forma parte Amigos da Terra estase a organizar un "Seminario de Financiamento Ético" que se levará a cabo o día 12 de novembro na Aula 1 do Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, A Coruña. O obxectivo é presentar aos participantes alternativas solidarias que se esten levando a cabo desde Galicia, así como facer unha análise crítica da Banca tradicional e os efectos nas relacións Norte e Sur. Para participar podes cubrir a ficha e enviala a seguinte enderezo de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo |


