|
Amigos da Terra demostra nun novo informe que os cultivos transxénicos están beneficiando ás multinacionais e non aos pequenos campesiños nin ás persoas que sofren fame, case mil millóns de persoas pola última crise alimentaria. Demóstrase tamén, como a industria dos transxénicos truca as cifras para dar a sensación de que os seus produtos son cada vez máis aceptados. Todo isto case un ano despois da publicación dunha avaliación da ONU que conclúe que os cultivos transgénicos non supoñen unha solución para aliviar o fame nin a pobreza.
O novo informe da Federación Amigos de la Tierra Internacional, “Quen se beneficia dos cultivos transgénicos?” [1] mostra como a subida dos prezos dos alimentos básicos pola crise alimentaria mundial permitiu ás multinacionais como Monsanto acumular beneficios record, aumentando de forma exponencial o prezo das sementes transxénicas e dos agroquímicos que venden aos agricultores. Monsanto anunciou en xaneiro que os seus beneficios do último trimestre case triplicáronse, e que o seu beneficio neto está previsto que se triplique desde os 984 millóns de dólares en 2007 ata os 2960 millóns en 2010. ”Os cultivos transxénicos son para alimentar aos xigantes da industria biotecnológica, non aos pobres” afirmou Nnimmo Bassey, Director Executivo de Amigos da Terra Nigeria e Presidente de Amigos da Terra Internacional. “As sementes transxénicas e as súas pesticidas asociados son excesivamente caros para os pequenos campesiños de África. Os promotores desta tecnoloxía nos países empobrecidos están totalmente fora de contacto coa realidade”.
Monsanto é a maior empresa mundial de sementes, e practicamente ostenta o monopolio da tecnoloxía transxénica. As sementes modificadas xenéticamente custan entre dúas e catro veces máis que as sementes convencionais. Monsanto tamén comercializa o Roundup, o herbicida máis vendido no mundo.
”Grazas en gran medida a Monsanto, os agricultores estadounidenses están afrontando incrementos dramáticos nos prezos das sementes transxénicas e nos químicos asociados” afirmou Bill Freese, do Centro pola Seguridade Alimentaria de EE.UU. “Os agricultores de países do Sur que se acollan a esta tecnoloxía de Monsanto e outras multinacionais non poden senón esperar a mesma sorte, incrementos brutais do prezo das sementes e dos pesticidas, e un descenso radical na dispoñibilidade de sementes non transxénicas”.
O custo das sementes transxénicas non é o único problema. Os cultivos transxénicos non se cultivan nin están deseñados para aliviar a pobreza. A inmensa maioría son solla e millo destinados a alimentación do gando e produción de agrocombustibles en países desenvolvidos.
EE.UU. produce máis do 50% dos cultivos transxénicos a nivel mundial. E preto do 90% do área global cultivada con transxénicos está en 6 países americanos (EE.UU., Canadá, Arxentina, Brasil, Paraguay e Uruguay), países cun sector agrícola altamente industrializado e orientado á exportación. En Europa, onde o cultivo de transxénicos supón unha parte marxinal da agricultura, as multinacionais inflan as cifras para maquillar a realidade. O único cultivo autorizado é un millo, que supón tan só o 0,21% da superficie agrícola na UE. España é o único país europeo que o cultiva a gran escala, con máis de 80.000 hectáreas en 2008. Sete países europeos prohibiron o cultivo deste millo polos seus impactos ambientais e incertezas sobre a saúde.
O lobby da industria europea, EuropaBio, alega un 21% de incremento na superficie de transxénicos en Europa respecto de 2007, cando en realidade produciuse un 2% de descenso. O truco é tan simple como eliminar dos cálculos a Francia, o último país en prohibir o cultivo de transxénicos [2].
”Os transgénicos non están facendo nada por solucionar os problemas dos pequenos agricultores, nin no Sur nin en Europa. E é bochornoso utilizar a loita contra o fame para promocionar un negocio multimillonario, con graves impactos ambientais e sociais, e alarmantes riscos para a saúde” engadiu David Sánchez, de Amigos da Terra España.
Malia máis dunha década de propaganda, a industria non introduciu nin un só cultivo transxénico que incremente os rendementos, que sexa máis nutritivo, resistente á seca ou á salinidade. Os transxénicos dispoñibles hoxe en día seguen sendo nun 80% resistentes a un herbicida, o que disparou o uso de agroquímicos nos países produtores. O resto son resistentes a insectos.
“En Galicia preténdese experimentar con algúns tipos de transxénicos para que soporten unha praga que aquí non existe. Xa son cinco os concellos nos que queren cultivar transxénicos, e a maior parte de eles non tiñan coñecemento algún disto” engadiu Analía Moares, de Amigos da Terra.
A aposta polos transgénicos escureceu o gran potencial da agricultura agroecolóxica, de baixo custo, para a produción de alimentos e aliviar o fame. Un esforzo de catro anos por parte da ONU, la “Avaliación Internacional del Papel do Coñecemento, a Ciencia e a Tecnoloxía no Desenvolvemento Agrícola” (IAASTD nas súas siglas en inglés), que implico a 400 expertos de múltiples disciplinas, gobernos e multinacionais, recomendou unha aposta polos métodos agroecolóxicos, que ofrecen incrementos na produtividade sen sementes nin químicos caros, e unha reforma das inxustas normas de comercio internacional [3]. Notas:
[1] O informe “Quen se beneficia dos cultivos transgénicos”?, publícase a véspera do lanzamento anual do informe “Estatus global de comercialización da biotecnología” pola organización ISAAA, financiada pola industria dos transxénicos. [2] http://www.europabio.org/documents/2008%20Cultivation%20chart.pdf
[3] http://www.agassessment.org/
|