| Seminario de Políticas de Compra Pública Ética e Sostible |
| Escrito por Judith Sing |
| Xoves, 29 Outubro 2009 13:01 |
|
A Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable, da que forma parte Amigos da Terra, organiza o vindeiro 31 de outubro o Seminario "Políticas de Compra Pública Ética e Sostible". Este seminario terá lugar en Santiago, na Casa das Asociacións Veciñáis, Antiga Estación Cornes Conxo, Avda de Vilagarcía nº43.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro venres 30 de outubro. As persoas interesadas poden enviar a ficha de inscrición cuberta ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Para máis información consulta a paxina da Coordinadora Galega
|



