Portada Novas Monsanto e Bayer tramitan ensaios con transxénicos en municipios que inclúen 50 espazos naturais
Monsanto e Bayer tramitan ensaios con transxénicos en municipios que inclúen 50 espazos naturais
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 25 Xaneiro 2010 16:35

100125_campotransxenico

 

Monsanto e Bayer solicitaron ao Goberno permiso para realizar experimentos ao aire libre con cultivos transxénicos en municipios que engloban polo menos 50 espazos naturais protexidos, dende espazos da Rede Natura 2000 ata Parques Nacionais como Daimiel.

 

Estes cultivos experimentais non pasaron por ningún trámite para avaliar a súa seguridade, e dalgúns mesmo, se demostraron os seus danos sobre a saúde. Estes transxénicos formulan un risco inaceptable de contaminación doutros cultivos e para o medio. Amigos da Terra esixe o Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño que cambie a súa actitude, poña a defensa do medio e a saúde pública por enriba dos intereses das multinacionais, e denegue os permisos para realizar estes ensaios.

 

Como cada ano, empresas como Monsanto, Bayer, Pioneer, Procase ou KWS solicitan permiso para experimentar con organismos modificados xeneticamente ao aire libre. Entre os permisos solicitados para 2010, hai máis de medio centenar de ensaios en municipios que engloban espazos naturais protexidos, con millo, remolacha ou pataca, repartidos por case todo o país. Nin as empresas nin o Goberno dan a localización exacta dos ensaios, polo que poderían estar situados dentro dos espazos protexidos.

 

En 2009 estas mesmas empresas solicitaron ensaios en 67 municipios. Moitos deles con transxénicos perigosos para a saúde. Amigos da Terra e outras organizacións presentaron alegacións a todos eles. O Goberno nunca respondeu, e non hai forma de saber se finalmente se autorizaron ou realizaron estes ensaios.

 

É o Goberno o que os autoriza, logo de informe da Comisión Nacional de Bioseguridade (CNB). Este organismo, cuxa independencia e representatividade científica é moi cuestionable, non publica as súas actas dende xuño de 2008, dando unha mostra máis da política de escurantismo do Goberno en materia de transxénicos.

 

Dalgunhas das variedades para as que se pide autorización para o ensaio, que poderían estar situados en espazos naturais protexidos, demostrouse os seus posibles danos á saúde. Pero a súa localización está dispoñible só a nivel de municipio. Dende Amigos da Terra fíxose unha petición formal para que se faga pública a localización a nivel de parcela, como marca a lexislación e corroborou unha recente sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza.

 

España acolleu o 42% dos ensaios experimentais ao aire libre que se realizaron na Unión Europea (UE) durante os últimos anos, segundo datos oficiais. O 82% destes ensaios foron realizados por multinacionais como Monsanto, Bayer ou Pioneer, o que converte a España, co visto e prace do Goberno, no gran laboratorio das multinacionais dos transxénicos.

 

Ademais de albergar case a metade dos ensaios ao aire libre na UE, España é o único país que cultiva transxénicos de forma comercial, con máis de 76.000 hectáreas de millo transxénico cultivadas en 2009. Fronte a esta posición, países como Francia, Alemaña, Austria, Grecia ou Polonia manteñen a prohibición do seu cultivo.

 

A situación dos transxénicos en España é tan escandalosa, e é tal o desprezo do Goberno cara ao medio e a sociedade civil, que varias organizacións ecoloxistas, de consumidores, agricultores e de cooperación recorreron recentemente ao Valedor do pobo para pedir amparo.

 

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos da Terra afirmou: "Liberar transxénicos ao medio é unha irresponsabilidade. Pero cultivar transxénicos con demostrados danos á saúde, afectando a espazos naturais protexidos é unha mostra máis da pouca ética destas empresas e de cales son os intereses que defende este Goberno, que non son precisamente os dos consumidores ou o medio. "

 

Máis información

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.