Portada NOVAS A PGA urxe á Xunta a que se posicione no tema dos transxénicos
A PGA urxe á Xunta a que se posicione no tema dos transxénicos
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 23 Novembro 2010 11:32
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Reunion-PGA-na-Xunta-1

 

A Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) da que forma parte activa Amigos da Terra, mantivo o pasado venres un encontro coa subdirectora xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, Patricia Ulloa, e o xefe do servizo de Sanidade e Produción Vexetal, Ramón Lamelo.

 

A xuntanza iniciouse coa exposición que os cargos da Consellaría de Medio Rural fixeron do traballo desenvolvido no ano 2010 en materia de transxénicos: accións relacionadas coa parcela experimental de Mesía, o posicionamento unánime das comunidades autónomas en relación ás recomendacións en materia de coexistencia da Comisión Europea, ou a asistencia á Comisión Nacional de Bioseguridade.

 

Aínda que esta parte do encontro foi positiva, así como o intercambio de pareceres, propostas e inquedanzas posterior; a Plataforma Galega Antitransxénicos botou de menos que a Xunta de Galiza siga sen posicionarse políticamente nunha cuestión tan transcendental para a nosa seguridade alimentaria como a liberación ao medio dos organismos xeneticamente modificados. Para a PGA, o traballo técnico desenvolvido pola Consellaría de Medio Rural carece de sentido se o Goberno Galego non fai pública a súa posición diante dos transxénicos. Ademais, dende a PGA preguntámonos en base a que posicionamento e directrices políticas se están a desenvolver todo o traballo e decisións
técnicas realizados pola Consellaría de Medio Rural en materia de transxénicos.

 

En relación ao devandito, a Plataforma fixo unha chamada de atención diante da pasividade demostrada pola Xunta á hora de pór en práctica o acordo unánime, votado favorablemente polas tres forzas políticas do Parlamento de Galicia, de cara a realizar comunicados de prensa da Plataforma Galega Antiransxénicos, campañas formativas, informativas e de sensibilización coa problemática dos transxénicos entre a poboación galega; ou a establecer canles de comunicación estables entre a Administración e a sociedade civil neste particular. Diante destes feitos, os/as representantes da PGA instaron a Ulloa e a Lamelo a transmitir as súas queixas ao Executivo Galego, e reclamaron que este se exprese e comece a desenvolver as accións acordadas polo Parlamento de Galiza en relación cos transxénicos e cuxa execución lle foi solicitada xa en reiteradas ocasións, sen ter obtido aínda unha resposta.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.