| Amigos da Terra inicia unha campaña para localizar plantacións non declaradas de millo transxénico |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Martes, 04 Outubro 2011 19:05 |
|
A campaña denominada “Búscase MON 810” desenvolverase con equipos de voluntarios/as e simpatizantes de Amigos da Terra, quen percorrerán distintas comarcas galegas para elaborar os test e conseguir un mapa da presenza de cultivos desta variedade (Monsanto 810) de millo transxénico non declarados en Galicia.
Aquelas persoas que queiran colaborar nesta campaña ou estean interesadas en coñecer si nas súas proximidades existen plantacións de millo transxénico, poden solicitar os test de proba nos locais de Amigos da Terra en Ourense (rúa da Concordia nº 20 - 2º esq.) e Vigo (rúa Policarpo Sanz 17 -1º d) ou ben chamando ao telef: 988 374 318. Os test son gratuítos e o seu procedemento de uso moi sinxelo.
“As repercusións das plantacións van máis alá do elemental dereito á información que se nos está negando, pois por exemplo unha finca de millo tranxénico xunto a unha explotación de agricultura ecolóxica pode facer que esta última perda a súa certificación” declarou Analía Moares, responsable da campaña de Amigos da Terra.
|

Aínda que oficialmente non existen en Galicia plantacións de millo tranxénico, Amigos da Terra ten fundadas sospeitas de que en realidade si existen, polo que inicia unha campaña para a súa localización.



