| Amigos de la Tierra/Amigos da Terra denuncian medio século de subvencións a agricultura industrial |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Mércores, 25 Xaneiro 2012 09:56 |
|
A Comisión Europea lanzou onte a campaña de celebración do 50 aniversario da Política Agraria Común (PAC). Amigos de la Tierra considera que coa alarmante desaparición do campesiñado, a perda de biodiversidade e empregos, xunto cos graves problemas de fame no mundo, hai moi pouco que celebrar.
A PAC, que se atopa en pleno proceso de reforma, é unha das principais políticas europeas, polo seu elevado orzamento e polo papel decisivo que ten no territorio, no campesiñado e o medio rural. No seu medio século de historia beneficiou maioritariamente a produción industrial, mentres que a pequena produción labrega, lexítima beneficiaria das axudas pola súa contribución á xeración de emprego, a/á produción de alimentos sans e de calidade e un medio rural vivo, só recibe unha pequena parte das axudas.
A opinión pública reclama un cambio radical na PAC para que o diñeiro público se redirixa para unha agricultura ambientalmente sostible, a produción local de alimentos e unha distribución máis xusta das subvencións que apoie aos pequenos produtores [1].
No caso de España, entre os principais beneficiarios desta política atopamos a grandes empresas coma Freixenet, Nueva Rumasa o Puleva Ebro [2], todas elas con inxentes beneficios económicos, ou a grandes fortunas como a Casa de Alba [3]. Mentres que, só entre 2003 e 2008, perdéronse 124.000 empregos no campo [4].
Segundo Blanca G. Ruibal de Amigos de la Tierra, " A reforma da PAC é unha oportunidade histórica de reorientar o modelo agrario dominante e que as políticas agrarias e alimentarias se establezan no marco da Soberanía Alimentaria, poñendo así no centro ás persoas produtoras e consumidoras de alimentos e non ás grandes empresas".
A nivel europeo, entre 2000 e 2009, perdéronse na UE 3,7 millóns de empregos. Só o 7% dos labregos/as son menores de 35 anos [5].
O 30% das razas gandeiras están en risco de extinción e cada mes pérdense seis razas máis [6].
A agricultura é responsable do 10% das emisións de gases de efecto invernadoiro na UE. Outras estimacións apuntan cifras entre un mínimo do 44% e un máximo do 57% [7].
A produción gandeira industrial promovida pola PAC é a responsable da expansión de solla transxénica en América Latina, frecuentemente a costa de valiosos ecosistemas como a Amazonía, agravando así o problema do cambio climático [8].
Dende Amigos da Terra valoramos esta PAC como lesiva para os intereses dos pequenos produtores galegos, posto que segue a afondar nun modelo dependente das axudas que non beneficia para nada o noso tecido produtor, senón que perpetúa un modelo agrícola que ata agora ten demostrado ser moi lesivo cos intereses do noso campesiñado.
Rexeitamos que nesta nova PAC se sega/creo que é siga a beneficiar á grande industria fronte aos pequenos produtores, que son os que fixan e xeran emprego no rural, e criticamos que se pretenda disfrazar esta nova PAC coma verde, cando a meirande parte das medidas propostas fomentan un modelo de explotación de carácter industrial e insostible.
Con esta reforma da PAC voltamos a comprobar coma os intereses privados e das grandes empresas priman sobre os intereses dunha cidadanía cada vez máis informada, que valora moi positivamente os avances sociais e económicos que se teñen xerado en torno as/ás pequenas producións ligadas á terra, producións que pouco a pouco van xerando economía local grazas á alianza entre produtores e consumidores.
Neste senso comprobamos unha vez máis que con esta nova PAC os nosos responsables políticos camiñan de costas a cidadanía.
[1] Comisión Europea, Special Eurobarometer 368: The Common Agricultural Policy: http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_368_en.pdf.
[2] Veterinarios sin Fronteras "Una injusticia llamada PAC" http://www.veterinariossinfronteras.org/mm/Una%20injusticia%20llamada%20PAC.pdf
[3] http://www.libertaddigital.com/economia/nobles-reyes-politicos-y-millonarios-acaparan-las-subvenciones-agricolas-de-la-ue-1276358636/
[4] Encuesta de Población Activa en "El campo se arruina exigimos soluciones" ASAJA, COAG, UPA.
[5]Comisión Europea, 2010. Evolución de la situación de los ingresos en el sector agrario de la UE. http://ec.europa.eu/agriculture/rica/pdf/hc0301_income.pdf; Eurostat, 2010. Principales resultados de las estadísticas agrararias 2008-2009 http://epp.eurostat.ec.europa.eu/portal/page/portal/product_details/publication?p_product_code=KS-ED-10-001
[6] IFOAM EU Group, FoEE et al., 2011, The Truth Behind the CAP: 13 reasons for green reform http://www.ifoam-eu.org/workareas/policy/php/factsheets/CAP_Factsheets_en.pdf.
[7] http://www.grain.org/article/entries/4364-alimentos-y-cambio-climatico-el-eslabon-olvidado
[8] Cómo la PAC provoca la expansión de la soja y la deforestación en Sudamérica http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/PAC_expansion_soja.pdf |






