Portada NOVAS Un novo informe demostra a crecente oposicion ao xigante de biotecnoloxia Monsanto
Un novo informe demostra a crecente oposicion ao xigante de biotecnoloxia Monsanto
Escrito por Analía Moares   
Mércores, 04 Abril 2012 13:10
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

4 de abril de 2012, Washington (Estados Unidos), Montevideo (Uruguai), París (Francia)

 

Informe_lucha_contra_MonsantoHoxe, no día en que o xigante da biotecnoloxía Monsanto (NYSE: MON) publica as súas ganancias do segundo trimestre, un novo informe de organizacións da sociedade civil sinala que:

Os pequenos/as produtores/as e os agricultores/as orgánicos, ao igual que as comunidades locais e os movementos sociais de todo o mundo, resisten e rexeitan cada vez máis a Monsanto e ao modelo de agricultura industrial que representa.

 

 

O novo informe, realizado conxuntamente por La Vía Campesina, Amigos da Terra Internacional e Combat Monsanto (e dispoñible en inglés, francés e español [1]), brinda unha mirada das principais loitas contra Monsanto e outras empresas de agroquímicos que presionan para impoñer os cultivos xeneticamente modificados (OXM) aos agricultores/as e o medio.

 

O informe mostra que a oposición cada vez máis forte dos movementos sociais e das organizacións da sociedade civil, están tendo un impacto na introdución dos cultivos XM; sostivo Josie Riffaud de La Vía Campesina.

 

As testemuñas e a análise dos contidos no informe, pretenden inspirar e unir os/as consumidores/as, activistas e comunidades en contra dos abusos cometidos por Monsanto e outras empresas de biotecnoloxía do mundo.

 

Quen responsabilizará a Monsanto da devastación mundial da biodiversidade, da erosión do chan e das violacións aos dereitos campesiños provocados pola utilización de produtos en base ao petróleo que son necesarios para a agricultura industrial?, preguntouse Dena Hoff da Coalición Nacional de Agricultures Familiares/A Vía Campesina América do Norte. Os/as agricultores/as de todo o mundo estamos a resistir pola soberanía alimentaria, pero o resto do mundo debe sumarse, agregó.

 

Este novo informe documenta a forte oposición a esta poderosa empresa trasnacional, que promove os seus produtos xeneticamente modificados aparentemente sen ter en conta os custos sociais, económicos e ambientais, afirmó Martín Drago, coordinador do Programa de Soberanía Alimentaria de Amigos da Tierra Internacional.

 

A mayoría da población en Europa oponse á produción de alimentos xeneticamente modificados, e varios países europeos agora teñen moratorias nacionais que prohíben o millo MON810 de Monsanto e as patacas Amflora de BASF, a pesar da forte presión da industria de biotecnoloxía e da Comisión Europea de levantar as moratorias, sostivo Heloise Claudon da organización Combat Monsanto.

 

A utilización de cultivos XM destrúe a diversidade dos cultivos, homoxeneiza os alimentos e elimina o coñecemento e a cultura local.
Desta e doutras formas, a desigualdade, a pobreza e a explotación dos recursos naturais logran prosperar no sistema mundial de alimentos, que se centra na xeración de ganancias e non na produción de alimentos sustentables nin na soberanía alimentaria.

 

A área total plantada con cultivos XM abarca tan só un 3% da terra agrícola mundial. Un 97% da terra agrícola do mundo continúa estando libre de transxénicos. A plantación de cultivos XM restrínxese a poucos países: 90% dos cultivos XM son plantados en Estados Unidos, Brasil, Arxentina, India e Canadá. Case un 60% dos experimentos en campos de cultivos XM son realizados en Estados Unidos.

 

A gran mayoríaa dos cultivos XM son destinados a alimento para animais en países ricos, en lugar de alimentos para os pobres ou os que padecen fame.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

  • En Uruguay (en español):

Martín Drago, coordinador do programa Soberanía Alimentaria de Amigos da Terra Internacional: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Tel: +598 (99) 13 85 59

 

  • En Estados Unidos (en inglés):

Dena Hoff, Coalición Nacional de Agricultores Familiares / A Vía Campesiña América do Norte - Tel: + 1 (406) 939 -1839

 

  • En Francia (en francés).

Josie Riffaud de A Vía Campesina: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Tel: + 33(0) 6 13 10 52 91
Heloise Claudon de Combat Monsanto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Tel: + 33 (0) 6 01 85 30 80

 


NOTAS:

El Informe está disponible:

  • En Español

Lucha contra Monsanto: Resistencia de los movimientos de base al poder empresarial del agronegocio en la era de la ‘economía verde’ y un clima cambiante.  

 

  • In English

Combatting Monsanto Grassroots resistance to the corporate power of agribusiness in the era of the ‘green economy’ and a changing climate. 

  • En Francais

Combattre Monsanto: Résistance populaire au pouvoir de l’industrie agroalimentaire à l’heure de ‘l’économie verte’ et du changement climatique.

 

 

-- A Via Campesina é un movemento internacional que reúne a millóns de campesiños, pequenos e medianos produtores/as, xente sen terra, mulleres campesiñas, pobos indíxenas, emigrantes e traballadores/as agrícolas de todo o mundo.


-- Amigos da Terra Internacional é a federación ambientalista de base má¡s grande do mundo. Conta con 76 grupos nacionais en 76 países e máis de dous millóns de membros e seguidores individuais.


-- Combat Monsanto coordina campañas e accións en contra dos métodos prexudiciais da industria da biotecnoloxía e vincula a resistencia a nivel mundial pola soberanía alimentaria.

Lucha contra Monsanto: Resistencia de los movimientos de base al poder empresarial del
agronegocio en la era de la ‘economía verde’ y un clima cambiante
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.