Portada NOVAS Presentación do informe "Alimentos Quilométricos"
Presentación do informe "Alimentos Quilométricos"
Escrito por Paula Vidal   
Xoves, 26 Abril 2012 11:48
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

120427_presentacion_alimentosqm

O venres 27 de abril presentaremos en rolda de prensa xunto co Grupo de investigación en economía ecolóxica e agroecoloxía da Universidade de Vigo o informe "Alimentos kilométricos. Las emisiones de CO2 por la importación de alimentos al Estado español".

Este informe analiza o impacto climático dalgúns dos alimentos cotiás que importa anualmente o estado español e traduce a toneladas de CO2 equivalentes o dano colateral da nosa alimentación industrializada, á vez que presenta alternativas.

"Alimentos Kilométricos" é unha campaña que está levando a cabo Amigos da Terra en todo o territorio español, baseandose no estudo realizado polas universidades de Vigo e Sevilla. Pretendendo revelar e evidenciar o insostible absurdo socioambiental de que os alimentos máis comúns que consumimos percorran unha media de 5.000 kilómetros, e presentando alternativas para un consumo máis coherente, levaremos a cabo distintas actividades dirixidas a diferentes sectores da poboación.

A globalización da economía de mercado domina todo o esencial, e os alimentos que mantemos para que nos manteñan son parte da estrutura que está a converter o noso planeta nun supermercado. Esta mundialización que comemos e tamén se come a saúde ambiental do planeta pódese analizar dende moitos enfoques complementarios que inclúen os pactos entre os estados e as transnacionais do comercio, pasando polas súas consecuencias sociais e ambientais, ata a seguridade e a soberanía alimentaria.

Tamén podes participar na presentación do informe este venres 27 en Ourense no marco das VI Xornadas de Agroecoloxía, no Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

 

Coa colaboración de:

 

logos_alimentos_peque

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.