Portada NOVAS Amigos da Terra comeza un proxecto sobre soberanía alimentaria e desenvolvemento
Amigos da Terra comeza un proxecto sobre soberanía alimentaria e desenvolvemento
Escrito por Laura Casal   
Luns, 30 Xullo 2012 09:12
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

por_la_tierra_que_nos_alimenta

Amigos da Terra, da comezo ao proxecto "A soberanía alimentaria en risco: sensibilizando e capacitando á sociedade para o cambio sostible" unha iniciativa que relaciona a alimentación e o desenvolvemento na que, entre outras cousas, trataremos de difundir dende unha perspectiva norte-sur o coñecemento das problemáticas que se están a manifestar, a nivel global, no eido da agricultura e a alimentación.

 

O acaparamento de terras nos países empobrecidos por parte de grandes multinacionais para producir agrocombustibles ou monocultivos dirixidos á exportación, a especulación alimentaria, ou as consecuencias sociais do actual modelo agroalimentario son algúns dos principais problemas de actualidade que ameazan a soberanía e a seguridade alimentarias e a convivencia pacífica dos pobos e que, non obstante, non contan cunha repercusión mediática acorde coa sua relevancia. É por iso que, ao longo dos próximos meses, Amigos da Terra ofrecerá documentos e materiais de divulgación co obxectivo de contribuir, por unha banda, ao coñecemento dunhas relacións e estruturas inxustas, inmorais e nocivas para o desenvolvemento global e, por outra, ao achegamento a experiencias e alternativas de agricultura local e ecolóxica que nos amosen que otro mundo é posible.

 

Os materias que achegaremos profundizarán nalgunhas das características máis perigosas do actual sistema agroalimentario, que comprometen o dereito á alimentación nos países empobrecidos, entre elas :

 

-Acaparamento de terras: é un proceso de privatización e venda de terras (por parte dos propios gobernos dos países) a favor de grandes empresas agrícolas e gandeiras, e que provoca a privatización dos recursos naturais, o desprazamento das comunidades locais, e a perda de terras para produción local.

 

-Monocultivos: o modelo agroalimentario actual está baseado na explotación de grandes superficies de terras e cultivo dunha soa especie (millo, algodón, caña de azucre, soia...) destinado, na súa meirande parte, á exportación. Este modelo produce empobrecemento dos solos, pola perda de nutrientes, e de biodiversidade, pola desaparición de variedades locais de sementes nas que as comunidades basearon tradicionalmente os seus cultivos e alimentación.

 

-Agrocombustibles: son combustibles líquidos producidos a partires de materia prima vexetal, fundamentalmente cultivos agrícolas, a grande escala. O cultivo de especies como a soia, a remolacha, a colza, a palma ou a caña de azucre para a obtención destes produtos ten demostrado ter impactos moi graves, tanto medioambientais (deforestación, emprobrecemento dos solos...) como sociais (competición polo uso da terra con cultivos alimentarios, agravamento das situacións de fame, exclusión social..) nos países empobrecidos.

 

-Especulación alimentaria: consiste na compravenda de alimentos básicos (café, azucre, cereais...) no "mercado de futuros", aquel onde se negocian contratos nas que as partes se comprometen a comprar ou vender a un determinado prezo. Así pois, neste mercado se fixan os prezos que se pagarán aos produtores moito antes da súa colleita, inciando un proceso especulativo que provoca a suba dos prezos dos alimentos. Esta suba só beneficia aos especuladores, grandes compañías multinacionais que xogan coa disponibilidade de alimento, provocando escasez e vendendo no momento no que os prezos son máis elevados.

 

Algunhas destas problemáticas son tratadas no informe que vos achegamos hoxe, titulado "por la tierra que nos alimenta" e realizado por Friends of the Earth International, rede na que se atopa integrada Amigos da Terra. Reúne experiencias dos distintos grupos locais no eido da soberanía alimentaria, os bosques e a biodiversidade, exemplificando as principais ameazas á soberanía alimentaria con casos concretos de políticas públicas e prácticas corporativas que, en diferentes rexións do mundo, contribúen á destrucción do medio natural e á violación dos dereitos das comunidades locais; así como as iniciativas que nacen na loita contra estes abusos e que demostran que as experiencias de xestión comunitaria de bosques e solos, os proxectos familiares de agroecoloxía e, sobre todo, o empoderamento das comunidades e o fomento das economías locais; son a mellor vía para acadar o desenvolvemento.

Por la tierra que nos alimenta 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación Amigos da Terra

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.