Portada NOVAS Curso práctico de Cooperación e Medio Ambiente
Curso práctico de Cooperación e Medio Ambiente
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 13 Abril 2009 09:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
Amigos da Terra en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), organiza o curso de "Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente", que terá lugar durante este mes de abril en dúas fases, teórica e práctica.

A importancia do medio ambiente en cooperación ao desenvolvemento, é descoñecida para a maior parte dos axentes da cooperación galega, por este motivo o curso convértese nunha ferramenta  imprescindible para:

·  Formar as ONGD en Cooperación Ambiental.

·  Facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre ONGD e asociacións ecoloxistas sobre temas de cooperación e medio ambiente.

· Contribuír para que o medio ambiente sexa aplicado de xeito transversal na cooperación, tal e como o recolle o Plan Director de Cooperación Galega 2006-2009.


As prazas da parte práctica xa están cubertas, aínda que a xente que desexe inscribirse quedará en lista de espera por se tivese lugar algunha baixa.

Co respecto á parte teórica, aínda quedan prazas en Vigo, Ourense, Lugo e Santiago.

Para inscribirte pincha aquí e se desexas máis información  podes contactar con nós no correo, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación Amigos da Terra

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.