Portada Novas Amigos da Terra estará presente nas V Xornadas Anuais de Cooperación
Amigos da Terra estará presente nas V Xornadas Anuais de Cooperación
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 26 Xuño 2009 07:33

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza por quinto ano consecutivo as Xornadas Anuais de Cooperación: "Cooperar en tempo de crise" que se desenvolveran mañá, día 27 de xuño no Centro Cultural da Deputación de Ourense de 10:00h a 14:30h, e nas que estará presente Amigos da Terra.


Ditas xornadas constitúen un foro de debate especializado, con representantes de todos os axentes implicados no sector da cooperación en Galicia, no que se abordan diversos temas que se consideran de especial relevancia e actualidade.


As V Xornadas Anuais de Cooperación teñen lugar no contexto dunha intensa crise económica que obriga ao sistema de cooperación galego a facer un esforzo de pedagoxía e imaxinación, para que a cidadanía perciba a necesidade de, pese a todo, continuar camiñando cara a un mundo mellor, onde o desenvolvemento non sexa un soño ao alcance, tan só, dos países occidentais. Por iso, "Cooperar en Tempos de Crise" é o lema da presente edición.

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.