Portada NOVAS Éxito dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento de Amigos da Terra
Éxito dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento de Amigos da Terra
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 28 Xullo 2009 11:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
280709_pescadores_nicaragua
Amigos da Terra pecha con éxito a primeira fase dos proxectos de pesca artesanal desenvolvidos en Nicaragua e O Salvador, países que comparten o Golfo de Fonseca, un ecosistema moi importante e moi rico en diversidade biolóxica mariña - costeira.

Desde o ano 2005 e coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores  da Xunta de Galicia, vimos traballando no fortalecemento do sector pesqueiro artesanal de Nicaragua e O Salvador.
Ao longo deste tempo contribuímos á mellora das condicións de vida das poboacións que viven en gran medida da pesca artesanal e do marisqueo, a través do que lema que caracteriza o traballo en cooperación de Amigos da Terra: “desenvolvemento baseado na protección dos recursos naturais a través do aproveitamento sostible dos mesmos”.

O Golfo de Fonseca é un sistema estuarino tropical. A maior importancia ecolóxica deste golfo é a diversidade biolóxica presente nos diferentes ecosistemas que o forman, deste xeito, os manglares son moi representativos da zona e a súa importancia ecolóxica radica en que son lugares de reprodución, desenvolvemento ou alimentación para un bo número de especies mariñas.

Coa premisa de que a xestión integrada do medio ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo
, Amigos da Terra segue traballando en cooperación ao desenvolvemento co enfoque ambiental, nesta ocasión, os pescadores artesanais do Golfo de Fonseca están sendo os beneficiarios directos das accións que se levan a cabo desde o ano 2007.

Os obxectivos que se plantexaron baseáronse en: fortalecer as bases organizativas do sector pesqueiro, desenvolver un programa de conservación e aproveitamento sostible dos recursos mariños-costeiros, lograr un manexo sostible e diversificado das área mariñas e implicar á muller nos procesos de desenvolvemento.

Para acadar estes obxectivos Amigos da Terra traballou conxuntamente cos seus socios locais LIDER e CODECA en Nicaragua e O Salvador, beneficiando a 350 pescadores/as en Nicaragua y 850 en O Salvador, dos cales o 36% son mulleres.

280709_barcas_pescadores_proxectos



Nesta primeira fase conseguíronse os seguintes resultados:

1.Diagnóstico actual de especies mariño costeiras do Golfo de Fonseca, aquelas aproveitadas na actualidade e  outras con potencial para un posible aproveitamento.

2.Formación en temas de interese: organización do sector pesqueiro, manexo de recursos naturais, acadando un 36% de participación de mulleres.

3.No marco da colaboración entre a ong solicitante, socio local e institucións do estado, desenvolveuse coordinadamente o “Manual de Conduta” para a pesca responsable.

4.Legalizáronse embarcacións, co fin de levar un rexistro e un control da actividade pesqueira.

5.Creouse o grupo de mulleres “Valor agregado de mariscos”: co obxectivo de producir fariña de peixe, e deste xeito aproveitar os subproductos da pesca e evitar a xeración de residuos.

6.Dotouse de equipamento básico, apeiros de pesca e embarcacións co fin de apoiar a comercialización de produtos de pesca.

7.Realizouse o primeiro “Foro Trinacional para a Xestión Integral do Golfo de Fonseca”, no cal elaborouse unha axenda común de traballo entre os pescadores das comunidades do Golfo de Fonseca / Nicaragua, O Salvador e Honduras, a fin de definir mecanismos de coordinación entre os diferentes actores da zona.

8.Estase realizando un estudo específico de especies ameazadas pola sobreexplotación e os medios de extracción máis utilizados co apoio do Ministerio de Medio Ambiente e a Universidade Nacional.

9.Realizáronse xornadas de formación para mulleres sobre o cultivo de mariscos, en especial moluscos, polo seu alto valor comercial.

Así mesmo, é importante destacar que con esta primeira fase asentáronse as bases para fortalecer o sector pesqueiro, conseguiuse unha participación máis activa das mulleres e incidiuse na protección dos recursos mariños-costeiros, co fin de contribuír á xestión integrada do Golfo de Fonseca desde a poboación máis desprotexida da rexión, e coa visión de ir xerando sinerxías complementarias desde a sociedade civil.

Amigos da Terra continuará o seu labor na zona do Golfo de Fonseca co fin de que os pescadores artesanais se convertan nun sector económico importante para as autoridades locais, para o cal continuaremos  implicando á cooperación galega.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación Amigos da Terra

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.