Portada Novas Primeiras impresións de Agareso na visita aos proxectos
Primeiras impresións de Agareso na visita aos proxectos
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 18 Setembro 2009 08:36

090918_agaresosalvador

 

Os cinco reporteiros de Agareso, que o pasado mércores iniciaron unha viaxe rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que Amigos da Terra ten en Nicaragua, Honduras e O Salvador, xa chegaron ao seu destino.

 

 

Nestes intres, atópanse en O Salvador e no seu primeiro día de contacto xa puideron entrevistarse con directivos da planta galega Calvo e visitar as instalacións que  ten neste país dende o ano 2003. Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer as interesantes historias dos pescadores/as da zona e comentáronnos as súas primeiras impresións sobre a viaxe.

 

Se este pequeno resumo vos intriga, non vos perdades as súas crónicas no Diario da Bordo creado para a ocasión.

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.