Portada Novas Agareso consegue entrar en Honduras
Agareso consegue entrar en Honduras
Escrito por Montse Fernández   
Sábado, 26 Setembro 2009 10:31

7521_136151912035_134245902035_2695025_7020759_n

Tras dous días de espera no departamento fronteirizo de Chinandega (Nicaragua), os cinco reporteiros de Agareso conseguiron entrar o xoves en Honduras para rematar o traballo planificado en colaboración con Amigos da Terra. A noticia da retirada do toque de queda e a apertura de fronteiras, supuxo unha grande alegría para a expedición, que dependía totalmente da evolución dos acontecementos no país centroamericano.

 

Os integrantes de Agareso levan máis dunha semana coñecendo os proxectos que Amigos da Terra está a realizar en O Salvador e Nicaragua e finalmente, a pesar das adversidades, puideron concluír o seu traballo visitando as localidades do Golfo pertencentes a Honduras.

 

Debido á situación política da última semana en Honduras, tiveron que modificar lixeiramente o seu planning de traballo, non obstante, reuníronse cos membros directivos da Asociación de Pescadores Artesanais de Cedeño (APAC), mantiveron unha reunión en San Lorenzo co Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF) e en Amapala puideron visitar aos pescadores artesanais de Playa Grande e a Lonxa de Coyolito.

 

A expedición de Agareso regresará hoxe a O Salvador para partir mañá rumbo a España, finalizando así o seu traballo no Golfo de Fonseca.

 

Lembrade que podedes seguir os acontecementos desta expedición na web de Amigos da Terra ou na páxina de Agareso.

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.