Portada Novas Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza
Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 13 Outubro 2009 15:34

Viral-Pobreza-Cero-Galicia

 

Do 13 ao 18 de outubro ten lugar en Galicia, a Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza que celebrarase de forma conxunta nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. Nestas redes participan as 48 ONGD integradas na Coordinadora Galega entre as que se atopa Amigos da Terra.

Dentro das actividades de incidencia política que acolle a Campaña Pobreza Cero, e promovido pola Coordinadora de ONGD Galicia, este ano pretende adicar o esforzo a conseguir un Pacto Galego contra a Pobreza, dito pacto pretende recoller compromisos concretos para pór en marcha as medidas políticas que require o cumprimento dos Obxectivos do Milenio.


Unha loita que pasa por cambiar as políticas estruturalmente inxustas que veñen rexendo as relacións Norte-Sur ate o momento e que se refiren ao comercio internacional, á débeda externa e á calidade e cantidade de Axuda Oficial ao Desenvolvemento, materializada na esixencia do 0,7% do PIB de cada país.

 

Accións que se levarán a cabo en Ourense:

 

Día 15 de outubro

Rolda de prensa “Galicia cara ao pacto contra a Pobreza”, Ateneo de Ourense ás 12 horas. Intervirán no acto: Hugo Torres (experto nicaragüense en Incidencia Política), Francisco Rodríguez (Alcalde de Ourense) e representantes de ONGD ( Anacos da Cidade, Amigos da Terra, Por un Mundo Máis Xusto, Solidaridad Internacional e Taller de Solidaridad).

 

Mesa Informativa con reparto de materiais e acto simbólico para votar por un Pacto Galego contra a Pobreza, na rúa do Paseo fronte as Galerias Viacambre en horario de 17:00 – 20:00

 

Charla - coloquio “Periodismo comprometido fronte a adversidade: cooperación ao desenvolvemento no Golfo de Fonseca”. Interveñen Estrella López (xornalista de Agareso) Carlos Puga (Fotografo de Agareso) e Judith Sing (Presidenta de Amigos da Terra). Centro Cultural Auriense (praza do correxedor 11). 20:30 horas

 

Día 16 de Outubro

Mesa Informativa con reparto de materiais e acto simbólico para votar por un Pacto Galego contra a Pobreza, na rúa do Paseo fronte as Galerías Viacambre en horario de 12:00 – 14:00 e 17:00 – 20:00

 

Para coñecer as accións que se levarán a cabo en toda Galicia pincha aquí

 

 

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.