| Imos de fotos! |
| Escrito por Montse Fernández |
| Mércores, 04 Novembro 2009 16:05 |
|
A cervexaría “O Moucho” de Ourense acollerá durante todo o mes de novembro, unha exposición fotográfica de Amigos da Terra sobre o Golfo de Fonseca, englobada dentro de Imos de fotos!, unha mostra fotográfica que percorre bares, pubs e cafetarías da cidade.
Imos de fotos!, é concibido como un espazo- laboratorio para que a xuventude da cidade dispoña de espazos expositivos integrados na cotianidade.
A exposición “Olladas desde o Golfo de Fonseca” pretende amosar as accións que se desenvolven desde Amigos da Terra para actuar directamente sobre sectores vulnerables como os pescadores artesanais, aos que por unha parte, se lles dota dun gremio legal e con suficiente forza para incidir nas decisións, a través de instrumentos de participación cidadá democráticos e por outra se lles fortalece profesionalmente, de xeito que se poida lograr un manexo sostible e diversificado das áreas mariñas. Así mesmo, a exposición trata a incorporación da muller nos procesos de desenvolvemento, procesamento e comercialización dos produtos pesqueiros como unha forma de abrirlle espazos económicos.
|



