Portada Novas Inauguración da exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”
Inauguración da exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 09 Febreiro 2010 09:03

foto praia

 

Hoxe, martes 9 de febreiro ás 20 horas terá lugar na Casa da Xuventude de Ourense a inauguración da exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

 

Amigos da Terra e AGARESO a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.

 

O primeiro paso foi a viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.

 

A exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos en Centroamérica.

 

100209_limpandolodos

 

Esta mostra permanecerá na Casa da Xuventude ata o vindeiro 25 de febreiro e poderá visitarse de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30 horas, de luns a sábado.

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.