Portada Novas Exposición "O Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" en Ferrol
Exposición "O Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" en Ferrol
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 29 Abril 2010 12:45

golfo_34jpg

 

O Ateneo Ferrolán acollerá dende o próximo luns 3 ata o 30 de maio, a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO.

 

Esta exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias de cinco xornalistas durante a visita, o pasado mes de setembro, aos proxectos que Amigos da Terra desenvolve en temas de pesca artesanal sostible no Golfo de Fonseca, formado por Honduras, Nicaragua e O Salvador.

 

Durante doce días, os compoñentes de AGARESO tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresa galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 11.00 a 13.30 horas e os sábados de 10.30 a 13.30 horas.

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.