Portada Novas A exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible” en Santiago de Compostela
A exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible” en Santiago de Compostela
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 28 Maio 2010 07:08

100528_expossantiago

 

Dende o próximo luns 31 de maio e ata o vindeiro 30 de xuño, a Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos), acolle a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO.

 

O pasado mes de setembro, membros de AGARESO tiveron a oportunidade de viaxar ao Golfo de Fonseca e entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables de empresas galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra. Recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

 

Esta exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias de cinco xornalistas durante a visita aos proxectos de  Amigos da Terra en Honduras, Nicaragua e O Salvador, países que comparten o Golfo de Fonseca.

 

A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 9.00 a 21.00 horas.

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.