|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Luns, 11 Outubro 2010 10:14 |
|
Hoxe, luns 11 de outubro, arranca dende Sarria o Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. Ás 11:00 horas da mañá, o grupo de camiñantes será recibido no concello de Sarria polo alcalde, quen lerá o manifesto acompañado de membros do seu equipo de goberno. Máis de 140 alumnos/as participarán en actividades divulgativas e de sensibilizacións sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Esperámoste en Sarria para que camiñes con nós pola erradicación da pobreza, para difundir o contido do pacto que será asinado o día 16 de outubro, para facer presión á clase política e para esixir o cumprimentos dos Obxectivos do Milenio!
O percorrido do Camiño polo Pacto será o seguinte:
- Luns, 11 de outubro: Sarria - Portomarín.
- Martes, 12 de outubro: Portomarín - Palas de Rei
- Mércores, 13 de outubro: Palas de Rei – Arzúa
- Xoves, 14 de outubro: Arzúa - Pedrouzo (O Pino)
- Venres, 15 de outubro: Pedrouzo (O Pino) - Monte do Gozo.
- Sábado, 16 de outubro: Monte do Gozo – Santiago de Compostela. Esta será a última e máis importante etapa prevista no Camiño e que rematará onde está previsto que se asine o Pacto Galego contra a Pobreza.
|