Portada NOVAS Amigos da Terra participa no proxecto "As mulleres alimentan o mundo"
Amigos da Terra participa no proxecto "As mulleres alimentan o mundo"
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 17 Febreiro 2011 12:31
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

mulleres_rurais

 

Este proxecto nacido dentro da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento (CGONGD'S), pretende sensibilizar á sociedade galega en dous eidos que consideramos importantes: O Comercio Xusto/Consumo Responsable e o Xénero.

 

As ONGD que participamos no proxecto, entendemos que para lograr a nosa misión, propiciar cambios estruturais que contribúan á erradicación da inxustiza e a pobreza no mundo, é preciso levar a cabo unha acción dirixida a modificar os valores que sustenta o modelo de sociedade que temos na actualidade, e a promover unha acción solidaria que contribúa a modificar as estruturas vixentes. E moitos destes cambios de valores e estruturas teñen que comezar pola sociedade do Norte.

 

Nesta liña este proxecto busca incidir e sensibilizar na sociedade galega a través de dos temas, o Comercio Xusto/Consumo Responsable e a Muller facendo especial fincapé nas mulleres do rural que aseguran grazas ao seu traballo a alimentación das familias ao seu cargo.

 

Para iso, traballaremos con mulleres rurais organizadas de Galicia mediante obradoiros de formación. Destes contactos xurdirá a base para a celebración dunhas xornadas onde xunto con mulleres do sur debaterase a problemática concreta das mulleres produtoras e súa aportación ó desenvolvemento dos pobos.

 

Este proxecto é froito dun consorcio no que participan ademais de Amigos da Terra, A Cova da Terra, Panxea, Intermón Oxfam e Taller de Solidariedad.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación Amigos da Terra

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.