Portada NOVAS Semana contra a Pobreza: 2008 ano crucial
Semana contra a Pobreza: 2008 ano crucial
Escrito por Judith Sing   
Martes, 12 Agosto 2008 12:22
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Pobreza Cero 2008Quedan menos de dous meses para celebrar a "Mobilización contra a Pobreza" no marco da Campaña Pobreza Cero que este ano se celebra entre os días 13 e 19 de outubro.

É xa o cuarto ano consecutivo que Amigos da Terra participa nesta acción e iso leva vantaxes e inconvintes: por unha banda a mobilización está cada vez máis na axenda das ONGD, Coordinadoras Autonómicas, Plataformas Pobreza Cero locais, medios de comunicación, cidadanía, etc. e a experiencia permite ter certas dinámicas xa adquiridas, tamén é certo que a mensaxe e as enerxías vanse desgastando co tempo.

Con todo, cremos que este ano é crucial en todas as políticas relacionadas coa loita contra a pobreza e o chamamento ten máis sentido que nunca en vista da crise alimentaria presente xa en decenas de países e que trae consigo un retroceso nalgúns avances conseguidos cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) en 2015.

Aos 854 millóns de persoas xa afectados polo fame poderían unirse máis de 200 millóns máis, un motivo máis que sobrado para que, de novo, en todos os países salgamos á rúa para esixir unanimemente á clase política unha resposta contundente, urxente e eficaz, máis aínda tras a decepción do cume da FAO de xuño
e a inacción da reunión do G-8 de xullo.

Cabe mencionar que, ademais, este ano a mobilización terá lugar poucas semanas despois da CUME DE ALTO NIVEL DA ONU SOBRE ODM, que se celebrará o 25 de setembro en Nova York, e á que asistirá por España unha delegación oficial encabezada polo Presidente do Goberno. Os xefes de estado e goberno non se reunían para facer balance dos ODM desde 2005 e será este o seu primeiro encontro tras cruzar xa o ecuador do prazo previsto para o cumprimento das metas.

Desde Amigos da Terra manterémosche informados das accións que se levaran a cabo en Galicia e sobre todo da mobilización para que che Rebeles contra a Pobreza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Cooperación Amigos da Terra

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.