| Representantes da Xunta de Galicia visitan proxectos de cooperación de Amigos da Terra en Nicaragua |
| Escrito por Judith Sing |
| Xoves, 14 Agosto 2008 09:41 |
|
Para acadar os obxectivos executanse 3 grandes compoñentes: 1) Manexo Comunitario dos Recursos Mariño Costeiro; 2) Coñecemento e protección dos recursos; 3) Fortalecemento das bases organizativas. As representantes da Xunta chegaron o día 2 de Agosto á Península de Cosigüina procedentes do Salvador, onde visitaron os proxectos executados por Amigos da Terra neste país. Na comunidade de Posotí, Nicaragua as dúas representantes sostiveron unha reunión de traballo para avaliar a marcha das actividades do proxecto con representantes da Fundación Líder, Amigos da Terra e 12 socios de cooperativas locais de pescadores. Durante a reunión, os beneficiarios do proxecto explicaron a súa experiencia de máis de 15 anos de pescadores e as dificultades sufridas en anos anteriores. Infórmase da conformación da Unión de Cooperativas, grazas ao apoio do proxecto, o que lles permitiu mellorar a súa organización. Isto permítelles identificar as principais problemáticas do sector e a procura conxunta de solucións viables e sostibles. Tamén se informa sobre outros apoios importantes do proxecto, como a entrega de equipos básicos, participación en capacitacións de mellora da organización interna e os rexistros de datos, e a elaboración de fariña dos desperdicios do peixe e camarón. No momento de reflectir as problemáticas máis sentidas polo sector, os pescadores informaron que non se atopou un mercado apropiado para a fariña de peixe. Tamén manifestan a necesidade de recibir capacitacións noutras temáticas aínda non abordadas. Todo iso será retomado durante a segunda fase do proxecto que iniciará a principios do mes de setembro, apoiado pola Xunta de Galicia e que incidirá nos tres países do Golfo. Para finalizar a visita, realizouse unha breve inspección das instalacións da cooperativa e púidose constatar como os pescadores están aplicando os coñecementos adquiridos na toma e rexistro de datos contables e de capturas. Deste xeito, rematou a visita e mostrouse ao doante a boa execución do proxecto e os alcances das actividades financiadas pola Xunta de Galicia. De igual xeito, tamén se puido observar que as actividades expostas responden a necesidades manifestadas e sentidas polos beneficiarios finais dos proxectos. |

Desde agosto do ano 2007, Amigos da Terra está executando o proxecto "Mellora da capacidade de pescadores artesanais para a produción e comercialización de produtos mariño costeiros na península de Cosigüina Nicaragua", financiado pola Xunta de Galicia. Este proxecto beneficia directamente a 350 persoas dos cales o 40% son mulleres e de forma indirecta a 620 persoas. Entre os beneficiarios atópanse pescadores artesanais de catro cooperativas en Cosigüina, marisqueiros, guardaparques e entidades para a vixilancia e control, outros pescadores e estudantes da zona.





