Portada Novas
Novas de Cooperación
Programación 15 outubro - Campaña Pobreza Cero
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 14 Outubro 2008 14:36

 

 

Amigos da Terra organiza dous eventos mañá 15 de Outubro:

  • Charla informativa:
    Cooperación e desenvolvemento turístico
  • Acción reivindicativa:
    Antes comestibles que combustibles

 

Ler máis...
 
Semana contra a pobreza
Escrito por Judith Sing   
Luns, 13 Outubro 2008 14:38

Desde a Coordinadora Galega de ONGD e dentro da "Campaña Pobreza Cero" se organiza a Semana contra a pobreza que se celebrará nos días do 13 ao 18 de outubro en diferentes cidades de Galicia. En Ourense as organizacións que coordinaran os actos son Amarante, Amigos da Terra, Por un mundo máis xusto, Solidariedade Internacional  e Verdegaia.

 A campaña Pobreza Cero ten como obxectivo implicar a todos os sectores da sociais para loitar contra a pobreza, dun xeito urxente, definitivo e eficaz. No ano 2000, 189 xefes de estado e de goberno asinaron os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Pasaron xa seis anos e os líderes políticos seguen incumprindo súas promesas. Por iso facemos un chamamento á sociedade para que se movilice, actúe e presione aos líderes políticos e esixa, como primeiro paso na erradicación da pobreza o cumprimiento dos ODM.

Ler máis...
 
Amigos da Terra se fortalece en Centroamérica e abre unha oficina en Honduras
Escrito por Judith Sing   
Luns, 15 Setembro 2008 15:02

Dous novos proxectos no Golfo de Fonseca serán o punto de partida da oficina que neste mes de setembro abrirá Amigos da Terra en Honduras.

O proxecto "Promovendo a conservación dos recursos mariños costeiros e o incremento de beneficios da pesca artesanal no Golfo de Fonseca". Baixo unha visión integral das debilidades e fortalezas desta rexión, Amigos da Terra estará iniciando actividade este mes de setembro de 2008. É un proxecto trinacional (Nicaragua, Honduras e O Salvador), cunha duración de 12 meses e financiado pola Dirección Xeral de Cooperación (175 mil euros). Trátase dunha iniciativa que fortalecerá as capacidades dos pescadores para brindar valor agregado aos produtos da pesca e promoverá a conservación dos recursos mariño costeiros e a participación.

Ler máis...
 
O Fondo Galego de Cooperación comproba in situ o impacto positivo dos proxectos de Amigos da Terra
Escrito por Judith Sing   
Martes, 19 Agosto 2008 08:46

No ano 2004, Amigos da Terra, en conxunto coa Alcaldía de Porto Morazán, a Fundación Progolfo e 20 cortadores de mangle, elaboraron unha proposta de proxecto co fin de inserir a estes cortadores na produción de camarón con sistemas tradicionais, unha actividade considerada ambiental e socialmente amigable. No mesmo ano o Fondo Galego de Cooperación, decidiu apoiar a iniciativa con 24,444.20 €, desde a súa convocatoria de proxectos a ONG´s e executouse na zona durante os 12 meses do ano 2005.

En Nicaragua, a zona do Golfo de Fonseca experimenta nos últimos anos un alto crecemento demográfico, falta de alternativas económicas e crises no sector agrícola, o que provocou unha forte presión sobre os recursos naturais.

Ler máis...
 
Representantes da Xunta de Galicia visitan proxectos de cooperación de Amigos da Terra en Nicaragua
Escrito por Judith Sing   
Xoves, 14 Agosto 2008 08:41

Desde agosto do ano 2007, Amigos da Terra está executando o proxecto "Mellora da capacidade de pescadores artesanais para a produción e comercialización de produtos mariño costeiros na península de Cosigüina Nicaragua", financiado pola Xunta de Galicia. Este proxecto beneficia directamente a 350 persoas dos cales o 40% son mulleres e de forma indirecta a 620 persoas. Entre os beneficiarios atópanse pescadores artesanais de catro cooperativas en Cosigüina, marisqueiros, guardaparques e entidades para a vixilancia e control, outros pescadores e estudantes da zona.

Ler máis...
 
« InicioAnterior123456789SeguinteFinal »

Páxina 8 de 9
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.