Portada NOVAS de Lexislación Publícase Resolución pola que se fai público o Plan de labores de actividades mineiras
Publícase Resolución pola que se fai público o Plan de labores de actividades mineiras
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 29 Xaneiro 2009 12:05
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se fai público o novo modelo do mencionado Plan.

A necesidade de elaborar un novo plan que substituíse ao modelo anterior, que xa quedaba obsoleto, parte da obriga de adaptar este plan a recentemente publicada Lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da minería en Galicia.



Unha das prioridades laborais do departamento xurídico de Amigos da Terra, foi sempre premer á administración para que esta obrigase aos titulares das explotacións mineiras a mantér a súa actividade extractiva conforme ao que as leis regulan, xa que supón unha ilegalidade reiterada polo sector o incumprimento de normas, sobre todo as que fan referencia ao medio ambiente.

A labor mineira é unha das actividades empresarias que máis risco produce na conservación do medio ambiente. Se a este risco predecible e polo tanto evitable, se lle incorpora a falta de sensibilidade e de cumprimento empresarial e a impunidade á hora de acometer unha infracción ou delito ecolóxico, xunto coa ausencia do exercicio da potestad sancionadora das administracións, obtense unha ameaza constante ao entorno ecolóxico.

A explotación de canteiras, sobre todo as que están a ceo aberto, producen cada ano, non so afeccións irreversibles sobre a fauna, a flora, a atmósfera e as augas onde se sitúan as explotacións, se non un forte impacto paisaxístico agravado pola falta ou incorrecta xestión das escombreiras, resultado do material acopiado e desvotado pola empresa por non considerarse apropiado para a venda.

Informar a todos os lectores, que cabe a posibilidade da interposición do recurso potestativo de reposición (via administrativa) contra esta resolución, para o caso de  non estar dacordo cos seus contidos. O prazo remata o 28 de febreiro e enviaranse ditos recursos ao conselleiro de innovación e Industria en Santiago de Compostela.

Amigos da Terra non descarta a interposición do recurso, xa que atopa unha exposición do plan moi somera dun sector como é o da minería tan perigoso e ameazante para o medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.