Portada Novas de Lexislación Apróbase en Europa a norma que imporá sancións penais aos buques que contaminan o mar
Apróbase en Europa a norma que imporá sancións penais aos buques que contaminan o mar
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 19 Febreiro 2009 09:45
O Parlamento Europeo ven de aprobar a norma pola cal os Estados membros deben adoptar medidas sancionatorias de carácter penal contra aqueles buques que contaminan o medio mariño por prácticas ilegais de bunkering, acción de suministrar combustible aos buques e realizar verquidos incontrolados creando unha grave contaminación que, na maioría dos casos, se sanciona co pago dunha multa administrativa.


“Abonar esta multa é sempre máis rentable que o respecto á lei”, alegan moitos dos propietarios dos buques e dos transportistas.

A norma pretende ser unha forma real de disuasión, para rematar con este tipo de prácticas que producen o 90% da contaminación mariña provindo, o 10% restante, da contaminación por accidentes tan graves como o do Prestige. Polo tanto, a maior fonte de contaminación habitual e previsible é a que se produce a diario polos buques máis irresponsables que convirten o mar nunha cloaca.

Amigos da Terra espera que a norma sexa aprobada definitivamente en abril a través da ratificación dos Vintesete Estados membros da Unión Europea xa que preto de 6.000 buques transportan cargamento contaminante por todo o planeta. O caso Prestige é a punta do iceberg negro da contaminación do mar.

 
Os petroleiros que se accidentan provocan unha mínima porcentaxe dos verquidos orixinados por este transporte. Aínda maior é o orixinado por labores de limpeza furtiva dos seus depósitos en alta mar. Os océanos reciben cada ano preto de 2,5 millóns de toneladas de petróleo e dos seus derivados. Pero non só este mercado ennegrece as augas, a maior parte dos residuos xerados polas actividades humanas acaban no "gran escorredoiro do planeta". Os seus efectos prexudican o medio ambiente e a saúde humana.


Fonte foto: Fernando Ortega
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.