Portada NOVAS de Lexislación Autorizacións ambientais en Rede Natura galega
Autorizacións ambientais en Rede Natura galega
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 04 Maio 2009 15:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
No tocante ás autorizacións necesarias para levar a cabo determinadas actividades ou obras en espazos naturais protexidos, na Rede Natura 2000, van rexer dúas directivas que regulan ditos espazos: directiva hábitats e directiva aves.
 
En España, estarase pendente do que os plans de xestión regulen (Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e Plan Rector dos Usos e Xestión das comunidades autónomas) e estes deben levar aparelladas medidas compensatorias ás poboacións que habitan neses espazos naturais.

 
En Galicia, existen os espazos incluidos en Rede Natura e aqueles outros aos que se lles outorgou unha protección particular a través da lexislación de Conservación da Natureza. Nestes espazos, os seus propietarios vense sometidos a limitacións pouco ou mal definidas, quedando ante unha total inseguridade xurídica.
 
En todo caso, nestes espazos poden continuar levándose a cabo de modo ordenado os usos e as actividades tradicionais sempre que non vulneren os valores protexidos. Para o resto, é precisa autorización ambiental do órgano competente.
 
O problema é que, ao non estar aprobados os correspondentes plans de xestión, descoñécese que uso ou actividade tradicional pode vulnerar ou non os valores tradicionais. A cuestión complícase cando se analiza a lexislación urbanística xa que esta en moitas ocasións, vai máis alá da propia lexislación sectorial do medio ambiente. Así, en solos de uso rústico non son autorizables usos que si permite a propia directiva, por ser usos tradicionais (instalacións agrícolas, invernadoiros, explotacións de gandería extensiva…).
 
Polo tanto, ante todo, debe terse en conta que estes espazos protexidos decláranse, na maioría das veces, sobre terreos de propiedade privada.
 
Existen autores que entenden que non debera aplicarse o rexime sancionador da lei de conservación da natureza en tanto non se aproben os plans de xestión incluidos na Rede Natura naqueles casos no que o propietario do terreo se limite a facer un uso ou actividade tradicional. Para elo, non debera necesitar autorización da administración medioambiental. Distinto é aquelo que non sexa uso tradicional xa que o artigo 6 da directiva hábitats marca que nestes casos, á precisa a autorización administrativa e, no seu caso, avaliación de impacto ambiental.

Os casos recentemente denunciados por Amigos da Terra situados no concello de Chandrexa de Queixa en Ourense, concello incluido nos espazos protexidos da Rede Natura, son un exemplo do que acontece no rural galego.
 
Foto: Chandrexa de Queixa. Muro de bloques


Un amplo descoñecemento por parte da poboación, falta de información da administración pertinente e unha ampla permisividade dos concellos que, a sabendas de que ditas obras son inadmisibles segundo a normativa, son consentidas provocando graves ameazas e feitos consumados que fan perigar o entorno ecolóxico e, polo tanto, a titularidade obtida.
 
Foto: Chandexa de Queixa. Un veciño quere asfaltar 500 metros deste camiño público

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.