Portada Novas de Lexislación O Parlamento Europeo aproba a norma que regulará a contaminación marítima por verquidos
O Parlamento Europeo aproba a norma que regulará a contaminación marítima por verquidos
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 20 Maio 2009 06:53

 

Recentemente quedou aprobada de forma definitiva con 588 votos a favor e tan so 42 en contra, a norma comunitaria que obrigará aos Estados membros a impór sancións penais para os delitos de contaminación grave procedente de buques.

 


O pasado mes de febreiro, Amigos da Terra xa anunciara a posibilidade de que a eurocámara finalmente puidese aprobar a norma comunitaria proposta. E, tal e como se adiantaba naquela nova que podes consultar pinchando aquí, o texto contén un articulado cuios obxectivos son os de disuadir aos transportistas marítimos que contaminan e, que os Estados membros fixen penas eficaces e disuasorias.

O principal problema que estas prácticas denominadas bunkering veñen creando ata o de agora, é a amplia contaminación que están a causar no mar e as vagas multas que se están impondo, co cal aos transportistas marítimos lles sae máis rentable pagar a multa por verquidos contaminantes que cumplir a directiva que se creara no ano 2005 e que castigaba a contaminación procedente de ditos buques. As prácticas irresponsables de verquidos incontrolados son unha das prácticas marítimas máis perigosas para a conservación do mar e que converte as zonas marítimas en verdadeiras cloacas.

Os Estados deberán aplicar a normativa a partir de maio de 2010.
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.