Portada Novas de Lexislación Críticas á Lei de Economía Sostible
Críticas á Lei de Economía Sostible
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 26 Xaneiro 2010 09:37

lei

 

Amigos da Terra e as principais organizacións ecoloxistas estatais, criticaron o pasado xoves no Consello Asesor do Medio Ambiente (CAMA) o anteproxecto da Lei de Economía Sostible (LES) xa que o obxectivo da mesma é un crecemento produtivista que abunda nunha política económica insostible.

 

A futura lei ten como obxectivo fundamental garantir o crecemento da economía española mediante o incremento da súa competitividade. Isto supón que, novamente, o Goberno expón unha medida que parte dunha premisa falsa: que vivimos nun planeta de recursos e sumidoiros (basureros) infinitos, en que o crecemento continuado é posible. O crecemento económico non pode realizarse se non é cun incremento constante do consumo enerxético e de materiais, así como mediante unha produción crecente de residuos.

 

Isto queda claro ao analizar os principais indicadores ambientais agregados, como o Requirimento Total de Materiais ou a pegada ecolóxica. O Requirimento Total de Materiais (RTM) da economía española incrementouse un 11’8% entre 2000 e 2006, e tamén fixoo en termos per cápita (OUSE, 2009). Por outra banda, España ten unha pegada ecolóxica global de 5,7 hectáreas globais per cápita e un déficit ecolóxico do 338% (WWF, 2008).

 

O mellor exemplo de que esta é unha lei para garantir o crecemento e non a sostibilidade, se reflexa tamén na multitude de medidas que inclúe o anteproxecto cuia finalidade é reanimar a economía e incrementar a competitividade, as cales conforman a maioría de medidas.

 

Ademais, unha parte importante das propostas supostamente sostibles non o son, a xuízo das organizacións ecoloxistas. Entre elas encóntranse as de fomento do mercado de emisións ou do coche eléctrico, que non son suficientes para avanzar cara á sostibilidade. Ademais, a LES esquécese por completo de garantir a non sobre-explotación dos recursos naturais nin de evitar o impacto das actividades económicas sobre o patrimonio natural e a biodiversidade.

 

En calquera caso, isto non impide que algunhas das medidas comprendidas neste anteproxecto de lei sexan valoradas positivamente. Tal é o caso do fomento do aluguer de vivendas e o recorte de axudas para a súa compra, ou os incentivos para innovación ambiental.

 

Podes consultar os comentarios ao anterproxecto da Lei de Economía Sostible (LES) premendo aquí.

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.